Novas
Saída o río Delque
Enviado por anonimo o Ven, 13/05/2022 - 11:54O alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu o pasado 12 de maio ao río Delque como actividade do Proxecto Ríos. Entre outras cousas, analizaron as súas augas e estudaron a súa botánica e zooloxía, como se ve nestas imaxes:
Imaxes e audio do intercambio entre o Indalecio e Vila Real
Enviado por anonimo o Mar, 10/05/2022 - 13:18Como xa sabedes, este ano o profesorado de portugués do Departamento de Lingua Galega e Literatura desenvolveu un intercambio entre o noso alumnado e o Colégio Camilo Castelo Branco de Vila Real. Premede na imaxe que vén a continuación para ver as imaxes do evento:
A través desta outra ligazón poderedes escoitar a explicación desta actividade na radio:
Semana Internacional da Compostaxe
Enviado por anonimo o Ven, 06/05/2022 - 10:29O 5 de maio de 2022 o noso alumnado de 3º ESO PMAR participou na Xornada de Divulgación da Compostaxe organizada polo concello de Tui:
Para máis información, preme na seguinte ligazón: INFOMIÑO
ABAU 2022
Enviado por anonimo o Mér, 04/05/2022 - 09:44Xa tedes na web publicada a Convocatoria, instrucións, impreso e taxas de matrícula para as ABAU 2022.
Convocatoria de matricula ABAU 2022
Convocatoria de matricula ABAU 2022
anexo I (Lerds)
anexo II (Comisións Delegadas)
Matrícula ABAU Bacharelato
Instrucións Bacharelato
Impreso matrícula Bacharelato
Impreso taxas
Cooperativa Indalecio Pérez Tizón
Enviado por anonimo o Lun, 02/05/2022 - 10:18O alumnado de 4º ESO de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial creou unha cooperativa para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na materia. No catálogo que podedes ver a continuación figuran os produtos que comercializan e que poden ser comprados pola comunidade educativa:
Visita a Celanova. 3º ESO
Enviado por anonimo o Lun, 02/05/2022 - 10:05Pinchando a seguinte ligazón poderedes ver as imaxes da saída que o alumnado de 3º ESO realizou a Celanova:
Calendario de pendentes
Enviado por anonimo o Ven, 29/04/2022 - 14:12Publícase o calendario das probas de recuperación final de materias pendentes para o curso 21-22:
CALENDARIO PENDENTES ESO E BACHARELATO |
CALENDARIO PENDENTES CICLOS FORMATIVOS |
Convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato
Enviado por anonimo o Xov, 28/04/2022 - 10:16Publicada na páxina web da Consellería de Educación a convocatoria para os premios extraordinarios de Bacharelato para o curso 21-22. Consulten a información na ligazón que figura a continuación:
Bolsa de estudos 22-23
Enviado por anonimo o Mar, 26/04/2022 - 11:24Novidades de biblioteca e calendario hora de ler para o terceiro trimestre.
Enviado por anonimo o Ven, 22/04/2022 - 12:32As bibliotecas escolares acaban de poñer á nosa disposición unha plataforma de libros dixitais á que temos acceso tanto o profesorado como o alumnado. Para poder facer uso dela necesitades unhas credenciais que vos facilitaremos dende o equipo de biblioteca. Se vos interesa, poñédevos en contacto con nós e por favor pasade esta información ás vosas titorías. Deixo aquí o enlace por se lle queredes botar unha ollada (e-elbe 2).
O calendario para a hora de ler correspondente á terceira avaliación xa está preparado Como novidade, por fin recuperamos a biblioteca como espazo para realizar esta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »