Novas

Instrucións para instalar Abalar Móbil

Para aquelas familias que desexen instalar o Abalar móbil nas súas terminais, aquí vos deixamos unhas instrucións para instalar o programa en poucos pasos:

1º Entrar nalgunha aplicación de descargas como  "Play Store", por exemplo.
2º Poñer no buscador: AbalarMóbil 
3º Picar no icono.
4º Picar instalar.
5º Ao abrir a aplicación pediranlle un número de teléfono móbil (aquí está o truco, e por isto aparecen a maioría de problemas coa aplicación). Este número de teléfono ten que ser o que está como principal nos datos de matrícula, que comunicaron ao centro cando matricularon aos seus fillos.
6º Ingresar o número de teléfono.
7º Despois recibirán un sms cun código.
8º Ingresar ese código.
9º Operación rematada

Como acceder á Aula Virtual

O IES Valadares publicou un tweet cun estupendo e sinxelo titorial para acceder á Aula Virtual:

 

 

Calendario escolar 2021-2022

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

Lembramos que este ano as vacacións de Semana Santa serán as mesmas que no resto de Galicia.

Probables datas de avaliacións:

1ª Avaliación:

  • 9 de decembro: 2º Bacharelato
  • 13-20 de decembro: ESO, 1º Bacharelato, Ciclos.

2ª Avaliación

  • 7 de marzo: 2º Bacharelato
  • 21-28 de marzo: ESO, 1º Bacharelato, Ciclos

3ª Avaliación:

  • 18-23 de maio: 2º Bacharelato e Pendentes
  • 1-4 de xuño: avaliación de ciclos
  • 6-10 de xuño: ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclos.
  • 22 - 24 de xuño: avaliación extraordinaria de ESO, Bacharelato e Ciclos.

 

Revista do centro

Intuilequia 20

Por fin!!!!! Chegou antes o verán que a nosa publicación....pero xa está aquí.
Deixamos máis abaixo o enlace, esperamos que a gocedes.
Ata o próximo curso ;-)

Accede a revista

Distribuir contido