Novas

Cuarto certame "As imaxes do patrimonio"

Animádevos a participar nesta certame de fotografía:

Comunicado do IES Indalecio Pérez Tizón

A propósito das acusacións difundidas en redes sociais e en prensa sobre un presunto caso de racismo no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, o profesorado e o Consello Escolar deste instituto queren amosar o seu profundo malestar.

A docencia é unha profesión que implica vocación. E un bo docente non se limita ao ámbito académico, preocúpase polo benestar e polo futuro do seu alumnado. Esta preocupación non derivou, de ningún xeito, nun caso de racismo.

 

Así mesmo, e no referido ás expulsións, o profesorado deste centro segue estritamente o  indicado na normativa ao respecto, a Lei de Convivencia (Lei 4/2011, do 30 de xuño, e Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro),  que estamos obrigados a aplicar. Este documento tipifica as faltas como leves e graves e especifica as sancións que se deben impoñer ao alumnado que non cumpre as normas de convivencia.

 

Por outra banda, o profesorado cumpre a Lei de Protección de Datos para protexer e salvargardar a integridade e dignidade do alumnado, especialmente cando se trata de menores de idade. Polo tanto, o feito de non entrar a responder á prensa non se pode interpretar de ningún xeito como unha confirmación de determinados feitos, senón como unha mostra de obrigado respecto á intimidade dos menores.

 

Lamentamos as graves repercusións que este tipo de acusacións xeran e que poden afectar negativamente a calidade do ensino, a profesionalidade dos docentes, a vocación dos mesmos e a relación co alumnado e coas familias.

 

Tarxeta de transporte "Xente Nova"

Infórmase ás familias de que a partir do 21 de maio de 2021 pódese solicitar a tarxeta XENTE NOVA, que permite o transporte en autobús gratuito para menores de 21 anos. 

De cara ao curso próximo, o transporte escolar será igual que ata o de agora (será gratuito para o alumnado de estudos obrigatorios e se xestionará como sempre). O alumnado de estudos postobrigatorios (bacharelato e ciclos formativos) deberán solicitar esta tarxeta para garantir a gratuidade do transporte. Esta tarxeta permite ata 60 viaxes ao mes. O usuario/a debe adiantar os cartos do servizo de transporte, cargando o saldo da tarxeta; despois, a Consellería devolve o diñeiro ao usuario/a. 

A información sobre a tarxeta XENTE NOVA e as instrucións para solicitala atópanse en www.bus.gal

 

 

Elaboración da pócima "Convivamus"

O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.

 

 

Charla sobre orientación universitaria

O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.

Fotos da saída por Tui do 3 de maio

Aquí tedes algunhas das fotos que se fixeron durante a tarde do 3 de maio, cando o alumnado de 3º ESO do noso centro realizou unha saída didáctica por Tui:

Procedemento de reclamación á calificación final

 

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE DO 2 DE MARZO DE 2021 POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN

 

Festexando o día de Rosalía

Velaquí están algunhas das mostras do festexo do día de Rosalía: os poemas lidos e fotos do alumnado de comercio celebrando o día:

FOTOS TEXTOS E VIDEO

 

 

 

Libros de balde!!

Roteiro cultural guiado por Tui

Distribuir contido