Novas

Artigo de "La Vanguardia": violencia machista no "reggaeton"

A ligazón que figura a continuación conduce a un artigo publicado no periódico "La Vanguardia", no que se analiza o impacto social do reggaeton, e pon en evidencia as denigrantes letras que se cantan neste xénero musical.

EL PREOCUPANTE TRIUNFO DE LAS LETRAS MACHISTAS DE "REGGAETON"

8 de marzo: Educando en igualdade

O equipo de biblioteca elaborou estes estupendos cuadernos de actividades para conmemorar o 8 de marzo. Animádevos a facelos e loitemos por un mundo onde haxa tolerancia, respecto e igualdade para todos e todas:

Moitísimas grazas a Sonia e Miriam polo seu esforzo e traballo.

xxv Certame de poesía Francisco Añón

Infórmase ao alumnado que xa están publicadas as bases do XXV Certame de Poesía Francisco Añón que organiza o concello de Outes. Este concurso ofrece tres categorías nas que podedes participar:

- Categoría D (12-14 anos): o primeiro clasificado recibirá un vale de 240 euros e verá publicada a súa obra.

- Categoría E (15 - 17 anos): o primeiro clasificado obterá unha transferencia bancaria por valor de 480 euros e verá publicada a súa obra.

- Categoría F (maiores de 18 anos): o primeiro premio consiste nunha transferencia bancaria por valor de 1500 euros e publicación da obra.

A continuación, deixámosvos as bases deste certame, tanto na web coma no taboleiro de anuncios do centro, e animámosvos a participar.

 

Resultado de Tui Book Dates

Tras unha exhaustiva análise e investigación, o equipo de Biblioteca foi quen de atopar compatibilidades lectoras entre a maioría do noso alumnado. Asimesmo, o equipo de Biblioteca quere animar a aquelas almas solitarias que quedaron sen parella: tedes que lembrar que ao mellor a vosa media laranxa lectora non estuda neste centro e que ademais hai moita timidez e introspección entre o alumnado deste instituto. 

Se queredes coñecer o froito desta investigación e saber con quen sodes ou non compatibles, non vos perdades a seguinte presentación:

 

Concurso de Caricaturas 2021

Na seguinte presentación tedes algúns dos traballos presentados a concurso este ano e veredes os gañadores de cada modalidade de participación:

 

Día Internacional da muller na ciencia: pequena homenaxe a Hedy Lamarr

Velaquí unha pequena homenaxe a unha actriz de Hollywood dos anos 40 case olvidada: Hedy Lamarr. Neste día coma o de hoxe, o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, non merece menos que lembrala, recoñecéndolle e agradecéndolle o esforzo das súas investigacións, o que non se fixo na súa época.

24 de febreiro: Día de Rosalía

O equipo de Biblioteca anímavos a festexar o Día de Rosalía de Castro. Prestade atención a esta marabilla de video, feito pola nosa compañeira Sonia, e ás actividades propostas para conmemorar á nosa poetisa máis famosa:

 

Rebrote de Crepusculose

O punto de información sobre a extraña enfermidade denominada Crepusculose xa está rematado. Achegádevos a el para coñecer todo sobre a última cepa (Sol de medianoche) e tomade moitas precaucións para non contaxiarvos con esta plaga.

Conmemoración do día da muller na ciencia: Non mais Matildas

Que pasaría se algúns dos científicos máis coñecidos da historia da humanidade nacesen coma mulleres? A resposta pode que se atope nos seguintes contos que plantexan unha vida hipótetica para unha muller apelidada Einstein, Schröedinger ou Fleming. Dende o equipo de Igualdade animámosvos a ler estes relatos e a reflexionar ao respecto ao longo da próxima semana para celebrar o 11 de febreiro o Día da Muller na Ciencia.

Tui Book Dates

O equipo de Biblioteca invítache a coñecer a túa media laranxa... lectora. Cubre o seguinte formulario on line (aquí ou no blog da Biblioteca) ou o que atoparás en papel na Biblioteca. Máis adiante avisarémosvos para que vaiades á Biblioteca a sorprendervos ao descubrir a identidade da vosa parella lectora ideal e compartir con ela unha lectura. Tedes ata o venres 12 de febreiro para participar.

Distribuir contido