Novas

Primeiras actividades da nosa Biblioteca.

 

Xornadas de formación de usuarios: Biblioteca Aloia

Achégase a toda a comunidade escolar o calendario de xornadas de formación de usuarios da Biblioteca Aloia:

CALENDARIO 

Libros de lectura obrigatoria 2021-2022. Departamento de Galego

Coma todos os anos, o departamento de Lingua Galega e Literatura dá a escoller tres libros destas listaxes ao seu alumnado como libro obrigatorio trimestral. Pinchando nas ligazóns, pódense consultar estas listaxes:

1º e 2º ESO

 

3º e 4º ESO

 

BACHARELATO

 

Encontro con Conchi Regueiro e María José Areal

A BIBLIOTECA DE TUI CELEBRA O “DIA DAS ESCRITORAS” CUN ENCONTRO CON CONCHI REGUEIRO E MARIA JOSE AREAL, ESCRITORAS DA EURICIDADE

Terá lugar o luns 18 de outubro ás 20,00 h.

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o “Dia das escritoras” coa celebración dun encontro de dúas escritoras Conchi Regueiro e María José Areal no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20,00 horas.

 

Animádevos a ir!!

Obradoiro de regueifas

O 20 de outubro e o 3 de novembro de 2021 Luis O Caruncho virá ao noso centro para impartir un obradoiro de Regueifas para o alumnado de 4º ESO. Esperamos que disfrutedes da actividade:

V Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra convoca o V Concurso Escolar contra a violencia de xénero (Fotografía e Video) convocado por esta Subdelegación e na que cada ano participan máis dun cento de rapazas e rapaces de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Achéganse as Bases do Concurso:

BASES V CONCURSO ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Patrulla i

Búscanse alumnos e alumnas que queiran formar parte da Patrulla I para desenvolver actividades de Igualdade no centro ao longo deste curso académico.

 

Animádevos a participar!!

 

Distribuir contido