Instrucións para instalar Abalar Móbil

Para aquelas familias que desexen instalar o Abalar móbil nas súas terminais, aquí vos deixamos unhas instrucións para instalar o programa en poucos pasos:

1º Entrar nalgunha aplicación de descargas como  "Play Store", por exemplo.
2º Poñer no buscador: AbalarMóbil 
3º Picar no icono.
4º Picar instalar.
5º Ao abrir a aplicación pediranlle un número de teléfono móbil (aquí está o truco, e por isto aparecen a maioría de problemas coa aplicación). Este número de teléfono ten que ser o que está como principal nos datos de matrícula, que comunicaron ao centro cando matricularon aos seus fillos.
6º Ingresar o número de teléfono.
7º Despois recibirán un sms cun código.
8º Ingresar ese código.
9º Operación rematada