Novas

CALENDARIO DE INICIO DE CURSO 22 - 23

CALENDARIO PARA O COMEZO DO CURSO 2022-2023

MARTES 6 DE SETEMBRO 17:00 A 18:00

REUNIÓN ACOLLIDA FAMILIAS

1º e 2º ESO e 1º FPB

MARTES 6 DE SETEMBRO 18:00 a 19:00

REUNIÓN ACOLLIDA FAMILIAS

3º e 4º ESO e 2º FPB

MÉRCORES 7 DE SETEMBRO 18:30 a 19:30

REUNIÓN ACOLLIDA FAMILIAS

1º e 2º BAC e CICLOS

XOVES 8 DE SETEMBRO 8:45 a 14:25 COMEZO DAS CLASES PARA TODOS OS CURSOS NO HORARIO HABITUAL

 

 Por cuestións de aforo rogamos que ás reunións de acollida asista soamente un pai/nai ou representante legal. Gracias

Probas libres setembro 2022: información para aspirantes

Publícase a información relativa as probas libres para a obtención do título da ESO do curso 2021-2022:

PROBAS LIBRES OBTENCIÓN ESO SETEMBRO 2022

 

Enquisa biblioteca

Dende a biblioteca Aloia gustaríanos coñecer a opinión da nosa comunidade educativa sobre o funcionamento da biblioteca. Por este motivo convidamos a todos os sectores (alumnado, profesorado e familias) a cubrir unha enquisa para avaliar o funcionamento deste servizo. Para acceder á enquisa, podedes facer clic nesta ligazón ou escanear o código QR que aparece máis abaixo. Queremos animarvos a todos a participar, xa que a vosa opinión é importante para nós, porque nos fará mellorar. O prazo para cubrir a enquisa remata o domingo 4 de xuño (incluído).

Departamento de Lingua Galega e Literatura

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

CURSO 2023-2024

 

PROFESOR/A HORA DE ATENCIÓN A NAIS/PAIS CORREO ELECTRÓNICO

ALBERTO VALVERDE

XEFE DE DEPARTAMENTO

XOVES, 11:35 a 12:25 albertovalverde@edu.xunta.gal
XOSÉ LOIS REFOXOS PÉREZ LUNS, 16:30 a 17:20 xose.lois.refoxos@gmail.com
JESSICA iGLESIAS VENRES, 12:45 a 13:35 jessicaiglesias@edu.xunta.gal
XOSE LOIS SÍO MÉRCORES, 9:35 a 10:25 xose.lois.sio@edu.xunta.gal
ZAIXEGA CASÁS LUNS, 19:00 a 19:50  

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO PARA 2º ESO. 10 E 11 ABRIL 2024

Os días 10 e 11 de abril desenvolveranse no centro as probas da avaliación de diagnóstico que no ensino secundario aplicaranse a 2º ESO. Para máis información premede na seguinte LIGAZÓN.

CHARLA SOBRE NOVAS ADICCIÓNS: VIDEOXOGOS E APOSTAS ONLINE. 6 DE MARZO. 19:00

No marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna ofértase esta charla orientada a alumnado da ESA, familias e profesorado e que abordará a problemática e riscos das novas adiccións tales como os videoxogos ou  as apostas online.

A charla será impartida por persoal experto pertencente ás forzas de seguridade do estado e terá lugar no salón de actos do noso centro o mércores 6 de marzo ás 19:00 horas  (entrada ata completar aforo).

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes 12 de decembro  a intervención de  JOSÉ LUIS GARCÍA, sobre Educación sexual e consumo de pornografía que se emitirá tamén no canal Afundación TV ás 19:00 e que está específicamente orientada a profesorado e familias. José Luis García é doutor en Psicoloxía e especialista en sexoloxía, experto en condutas aditivas asociadas ao consumo de pornografía en menores. Podedes reservar a asistencia online á charla premendo AQUI
 
 
 
 

PROPOSTA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES (25N 2023)

Nesta LIGAZÓN tedes unha proposta de actividades para a conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. 


REUNIÓNS DOS TITORES COAS FAMILIAS

O profesorado titor realizará unha reunión informativa e de acollida para as nais/pais ou os representantes legais dos seus titorandos/as. Esta reunión celebrarase na aula de referencia dos distintos grupos (podedes consultar a aula e o nome do titor/a AQUÍ) nas datas e no horario indicado para as distintas ensinanzas do centro na seguinte táboa:

 

ENSINANZA DATA HORA

ESO e

FP BÁSICA

Luns 18/09/2023 18:30

BACHARELATO e

CICLOS DE ACTIVIDADES COMERCIAIS

Luns 25/09/2023 18:30

CICLO MEDIO DE ELECTRICIDADE E

ELECTRÓNICA

Luns 25/09/2023 19:00
Distribuir contido