Dende o ano 1979, levamos impartindo docencia, primeiro como centro de FP e logo como centro de ensino secundario con bacharelatos e ciclos de comercio e electricidade. Varias xeracións pasaron polas nosas instalacións e pensamos que non o debemos facer tan mal dado que agora xa nos están enviando ós seus fillos e ás súas fillas. A todos eles grazas por confiar en nós.

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2022

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Para máis información, achéganse os seguintes documentos. Tamén se pode consultar a aplicación FP da Consellería de Educación.

  1. Orde do 17 de decembro pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo e se convocan para o ano 2022.
  2. Información probas de acceso ao grao medio 2022.
  3. Información probas de acceso ao grao superior 2022.
  4. Calendario probas de acceso a ciclos 2022.

Instrucións COVID para alumnado e familias

Charla sobre mapas divertidos

Convocatoria e criterios de selección Erasmus +

Convocatoria de mobilidades ERAMUS+. EUROPA NEXT STATION 2019-21

 

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas de FCT nun país europeo, ao abeiro do proxecto EUROPA NEXT STATION 2019-21

Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que estea en condición de facer as prácticas de FCT no período ordinario de marzo a xuño de 2022.

Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude, unha carta de motivación e o seu CV ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

O prazo de presentación de solicitudes será do día 13 ao 17 de xaneiro, ambos incluídos.

Para calquera dúbida tamén podedes escribir ao correo erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

 

Criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia

A continuación, detállanse os criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+, de acordo coa convocatoria Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no proxecto NEXT STATION 2019-21

 REQUISITOS

1. Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta resolución o alumnado e o persoal que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A selección do alumnado para participar nunha mobilidade obedecerá a estes criterios:

1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media obtida polo/a estudante no primeiro curso do ciclo formativo.

- Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.

- Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.

- Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.

2. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, no caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 4 puntos).

A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

a) Nota media do/a alumno/a no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo estea incluído no currículo do ciclo.

b) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

c) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.

d) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos).

O comité de selección considerará para este criterio a valoración das actitudes e comportamento do alumnado, tendo en conta as opinións e a información dada por aqueles que ensinen ao estudante en particular, dando máis puntos a aqueles alumnos/as considerados/as baixo este criterio máis adecuados para formar parte destas mobilidades.

4. Outros.

No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:

4.1 Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.

4.2 Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+.

 

 

 

Charla informativa: Erasmus +

Obradoiro de Nadal na Biblioteca

O equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística organizan un obradoiro de creación de adornos de Nadal o xoves 16 de decembro nos recreos. Achegádevos á Biblioteca e animádevos a participar nesta actividade!!

OBRADOIRO DE NADAL

 

 

Festexando o Nadal

Achégate ao taboleiro de Normalización Lingüística e apúntate nas actividades para festexar este Nadal:

 

CONCURSO "LOOK DE NADAL"

 

 

 CONCURSO DE RECEITAS DE NADAL

 

... E moito máis. Descubre quen é o Apalpador!!

 

Conferencia sobre violencia sexual: Towanda Rebels

Onte o noso alumnado de 4º ESO e ciclo medio de comercio participou nunha conferencia organizada polo concello de Tui e impartida por Towanda Rebels. Nela falouse sobre temas tan interesantes coma os estereotipos de xénero, violencia sexual, a necesidade de educación afectivo-sexual... Os nosos alumnos/as quedaron moi satisfeitos coa conferencia, mesmo indicaron que foi a mellor que lles deron sobre este tema ata o de agora. Por iso, o centro está moi agradecido a Towanda Rebels e ao concello de Tui por invitarnos a realizar esta actividade e estaremos encantados/as de repetir a experiencia.

Homenaxe aos mártires de Sobredo

Como se ven facendo tradicionalmente, agás o ano anterior polas circunstancias da pandemia, o noso alumnado de 4º ESO realizou a homenaxe aos mártires de Sobredo, que se organiza dende os departamentos de Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia. Pinchade na ligazón para ver as imaxes e vídeos do evento:

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO: FOTOGRAFÍAS E VÍDEOS

Fotos da conferencia "Bacterias comeplásticos"

Onte, 29 de novembro de 2021, a profesora da USC Sabela Balboa visitou o noso centro para impartir a conferencia "Bacterias comeplásticos". O noso alumnado de 1º Bacharelato A quedou encantado coa súa exposición, e todo o centro (particularmente o profesorado que integra os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Vicedirección) está moi agradecido á deputación de Pontevedra, á Real Academia Galega das Ciencias e, especialmente, á conferenciante, Sabela Balboa, quen desenvolveu unha charla sobre a contaminación plástica, as bacterias comeplásticos e sobre os estudos que están a levar a cabo ela máis o seu equipo de investigadores da USC, dun xeito ameno e interesante. Estaremos encantados/as de que repita a experiencia cando queira.

Velaquí vos deixamos as fotos da conferencia:

IMAXES CONFERENCIA DE SABELA BALBOA

Distribuir contido