Entrevista a unha antiga alumna do IES Indalecio Pérez Tizón en Radio Tui
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 03/29/2022 - 10:36Unha das nosas antigas alumnas, Celina Mauricio, resultou gañadora do certame de danza Xuventude Crea 2021. A nosa máis sinceira noraboa!!:
Fotos do obradoiro de xoguetes tradicionais
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 03/28/2022 - 09:30Pincha o cartel da actividade para ver as fotografías do obradoiro de xoguetes tradicionais organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura:
Actividades Biblioteca: Mes do libro
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 03/25/2022 - 12:24A ligazón que figura a continuación conduce á información das actividades propostas polo noso equipo de Biblioteca para festexar este mes do libro:
Anuncio: próxima apertura de prazo para solicitar becas. Curso 22-23
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 03/23/2022 - 10:19Comunícase que o 30 de marzo ábrese o prazo para solicitar becas MECD para estudantes para o curso 22-23. Consulten a información na seguinte ligazón:
Comunicado da Consellería de Educación
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 03/22/2022 - 12:38Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022.
Presentación sobre diversidade
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 03/17/2022 - 12:10A nosa alumna Aroa Pérez Cabaleiro elaborou esta esclarecedora e fantástica presentación sobre a diversidade afectivo-sexual como parte do seu traballo da materia de Comentario de texto de 2º Bacharelato. Nesta presentación aclara moitos termos que a miudo son confundidos ou descoñecidos pola maioría de nós, e, como se trata dun traballo tan interesante, propoñémovos a todos/as que lle botedes un ollo e que o empreguedes como parte de material didáctico para titorías:
Circular sobre o proceso de reclamación á cualificación final. Curso 2021-2022
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 03/10/2022 - 10:15Achégase a ligazón para consultar a información sobre o proceso de reclamación á cualificación final para este curso académico:
CIRCULAR INFORMATIVA: RECLAMACIÓN Á CUALIFICACIÓN FINAL 21-22 |
Actividades 8M
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 03/08/2022 - 10:36O equipo de biblioteca do IES Indalecio Pérez Tizón elaborou este material para traballar ao longo desta semana e así festexar o Día Internacional da Muller:
Homenaxe a María Soliño
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 03/07/2022 - 12:20Co galo do día internacional da muller, e como parte do traballo da caza de bruxas que estamos a traballar este ano no centro, o noso alumnado de ESO, 1º Bacharelato e Ciclos Formativos acudiu á Área Panorámica para ver a película María Solinha, na que se conta a biografía desta muller canguesa. Ademais, ao rematar a sesión de cine, os nosos alumnos/as tiveron a posibilidade de debater e entrevistar ao mesmo director do film. Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Tui, e particularmente, da concelleira de Igualdade. Todos nós queremos agradecer a boa disposición e cooperación da concelleira por facilitar e organizar esta actividade.
Actividades 8M organizadas polo concello de Tui
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 03/07/2022 - 12:11O concello de Tui organiza unha serie de actividades para conmemorar o 8M. Engadimos a ligazón para que consultedes estas actividades e vos animedes a participar:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
