Instrucións fondo de libros. Curso 22-23
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 05/19/2022 - 08:56Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022.
INSTRUCIÓNS FONDO DE LIBROS DE TEXTO 22-23 |
Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 05/16/2022 - 08:51Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 31/01/2022).
Estas listaxes foron publicadas na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
Pode consultar as devanditas listaxes na páxina da consellería de educación ou na seguinte ligazón: LISTAXES PROVISIONAIS
Concurso Que sabes das Letras?
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/13/2022 - 12:45O equipo de Biblioteca convídanos a participar neste concurso para conmemorar o Día das Letras Galegas que, como sabedes, festexamos o 17 de maio. Premede o seguinte enlace ou mirade o blog da biblioteca Aloia onde está toda a información:
CONCURSO QUE SABES DAS LETRAS? |
Saída o río Delque
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/13/2022 - 10:54O alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu o pasado 12 de maio ao río Delque como actividade do Proxecto Ríos. Entre outras cousas, analizaron as súas augas e estudaron a súa botánica e zooloxía, como se ve nestas imaxes:
Imaxes e audio do intercambio entre o Indalecio e Vila Real
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 05/10/2022 - 12:18Como xa sabedes, este ano o profesorado de portugués do Departamento de Lingua Galega e Literatura desenvolveu un intercambio entre o noso alumnado e o Colégio Camilo Castelo Branco de Vila Real. Premede na imaxe que vén a continuación para ver as imaxes do evento:
A través desta outra ligazón poderedes escoitar a explicación desta actividade na radio:
Prazo de solicitude de bolsas do MECD
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/06/2022 - 12:33Recordámosvos que o 12 de maio de 2022 remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.
Semana Internacional da Compostaxe
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/06/2022 - 09:29O 5 de maio de 2022 o noso alumnado de 3º ESO PMAR participou na Xornada de Divulgación da Compostaxe organizada polo concello de Tui:
Para máis información, preme na seguinte ligazón: INFOMIÑO
Imaxes do intercambio co alumnado de Lisboa 21-22
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 05/05/2022 - 11:28Convocatoria PRACTICUM DEPO 2021 (ErasmusPRO)
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 05/05/2022 - 10:54Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2021.
1.
Características da mobilidade
Mobilidade de longa duración para alumnado recentemente titulado a realizar durante o curso 2022/23
2.
Destinatarios:
Alumnado de este centro de CM e FPB que, no momento de facer a mobilidade, teña aprobados todos os módulos do ciclo correspondente, incluído o módulo de FCT e máis de 18 anos.
3.
Criterios de selección:
Os criterios de selección aplicables a este proceso son os que figuran no Anexo I que se publica xunto a esta convocatoria.
Pódese atopar toda a información sobre o mesmo proceso na páxina da Deputación de Pontevedra.
4.
Presentación de solicitudes:
As persoas solicitantes enviarán os seguintes documentos:
- Unha solicitude
- Unha carta de motivación
- Un CV actualizado
A ausencia dalgún deste documentos conlevará a non selección do candidato/a
Ademais, os solicidantes poderán entregar toda aquela documentación que acredite as distintas competencias a ter en conta para este proceso de selección (segundo o Anexo I) ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu
5.
Prazo para a presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será do día 6 ao 13 de maio, ambos incluídos.
CRITERIOS SELECCIÓN ALUMNOS/AS PRACTICUM DEPO 2021 |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
