V Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra convoca o V Concurso Escolar contra a violencia de xénero (Fotografía e Video) convocado por esta Subdelegación e na que cada ano participan máis dun cento de rapazas e rapaces de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Achéganse as Bases do Concurso:

BASES V CONCURSO ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Patrulla i

Búscanse alumnos e alumnas que queiran formar parte da Patrulla I para desenvolver actividades de Igualdade no centro ao longo deste curso académico.

 

Animádevos a participar!!

 

XVIII Concurso de poesía Anomar

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a 18ª edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.

As categorías do concurso están divididas por idades:

– 1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.

– 2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e

– 3ª categoría: a partir de 18 anos.

Fai "click" no logo e le con atención as bases do concurso.

Concurso Samaín 2021

Celebremos o Samaín!!

 

O equipo de dinamización e normalización lingüística convoca un concurso de talla de cabazas. Lede as bases do concurso na ligazón que figura a continuación e animádevos a participar!!

 

Volve o club de lectura Xerfas!!!

O noso Club de lectura Xerfas, que, como case todo nas nosas vidas, sufriu as consecuencias dos duros protocolos impostos para atallar a Covid 19, tivo que ser suspendido o curso pasado.

Este curso pretendemos activalo de novo e con este fin queremos informar a toda a comunidade educativa dos obxectivos do club e do seu funcionamento, e como non, aproveitamos tamén a ocasión para pedirvos a vosa colaboración, para que o proxecto sexa todo un éxito.

O Club ten como principal obxectivo fomentar a lectura entre o alumnado e mellorar a competencia lectora. Trátase dunha actividade extraescolar, gratuíta, voluntaria e non avaliable. É un espazo para gozar da literatura e para compartir historias, pero tamén para falar e socializar, para debater e para reflexionar e para contar cun punto de encontro entre os membros da comunidade educativa que formamos. As sesións terán lugar na Biblioteca do instituto durante a hora da comida un luns ao mes, aproveitando que ese é o día no que hai clase pola tarde. Comeremos xuntos no IES (a comida tráese da casa) e logo terá lugar a sesión (1 hora aproximada de duración).A nosa intención é facer dous grupos segundo a idade, un grupo para alumnado de 11 a 14 anos e outro de 15 en adiante.

Haberá, ademais, un Club de Manga coordinado por un alumno de bacharelato que forma parte tamén do Club Xerfas e cuxas reunións terán lugar nos recreos durante o horario escolar. O único requisito que se pide no club é comprometerse a ler un libro por avaliación, sobre o que logo comentaremos diferentes aspectos e realizaremos actividades lúdicas nas reunións.

Como vos dicía antes, gustaríanos que colaborásedes no club na medida en que queirades e poidades, ben achegando propostas de lecturas, actividades, xogos, material audiovisual…, ou ben participando e acompañándonos nunha ou varias sesións do club. Estamos tamén valorando a posibilidade de abrir un grupo de adultos orientado a nais, pais e docentes para compartir lecturas e conversas que recollan propostas, experiencias e inquedanzas que afonden na mellora da convivencia da propia comunidade educativa a través de estratexias para fomentar a intelixencia emocional, os vínculos afectivos ou o achegamento aos adolescentes.

En fin, unha morea de ideas e sobre todo de ganas que vos queremos transmitir para intentar levalas a bo termo. Esperamos que proxecto sexa do voso agrado e que podamos contar coa vosa colaboración.

Irene Mera

Sonia Pereiro

Presentacións ESA

Lembra: como se entraba no instituto?

Volvemos publicar o plano de entrada do alumnado a primeira hora para que lembredes os itinerarios que debidades seguir:

 

Resultados ABAU 2020-2021

A pesar destes dous últimos cursos e de todas as dificultades que vos atopastes no camiño, o voso traballo e esforzo veuse recompensado cos excecelentes resultados que un ano máis obtén o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón nas probas ABAU: 95% de aprobados na convocatoria ordinaria e 80% de aprobados na extraordinaria.

Noraboa a todos/as!!!!

 

Convocatoria dos premios para ESO ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Educación convocou o pasado 1 de xullo a convocatoria de premios polo esforzo e superación persoal para o alumnado de ESO. Prema no seguinte enlace se desexa máis información:

CONVOCATORIA DE PREMIOS AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL PARA ALUMNADO DE ESO.

CURSO 20-21

Prazo de inscrición para a obtención da ESO

O prazo de matrícula da segunda convocatoria da proba para a obtención do título de educación secundaria obrigatoria de 2021 estará aberto dende o dia 1 de xullo ata o 8 de xullo.

No documento adxunto adiantámosvos o cronograma correspondente á segunda convocatoria da proba, que se celebrará o dia 10 de setembro de 2021, coas datas de realización das diferentes tarefas.

CRONOGRAMA

 

Distribuir contido