Prazo de inscrición para a obtención da ESO

O prazo de matrícula da segunda convocatoria da proba para a obtención do título de educación secundaria obrigatoria de 2021 estará aberto dende o dia 1 de xullo ata o 8 de xullo.

No documento adxunto adiantámosvos o cronograma correspondente á segunda convocatoria da proba, que se celebrará o dia 10 de setembro de 2021, coas datas de realización das diferentes tarefas.

CRONOGRAMA

 

Información: FP Básica de carpintería e moble

Se vas cursar unha FP Básica e aínda non te decantas por ningunha, o IES Salvaterra de Miño ofrece o seguinte tríptico informativo sobre a FP Básica de Carpintería e Moble que se imparte no seu centro:

TRÍPTICO INFORMATIVO FP BÁSICA CARPINTERÍA E MOBLE

 

Noraboa ao alumnado do noso centro

O profesorado do IES Indalecio Pérez Tizón síntese moi afortunado polo seu alumnado. Estamos moi agradecidos por ter uns alumnos/as que, pese a este difícil ano escolar, cumpriron pacentemente coas novas normas, que non sempre foron fáciles de sobrelevar. Temos que darvos a nosa máis sinceira noraboa por aturar un ano académico con tantas restricións impostas; por aturar seis horas consecutivas con máscara; por aturar o frío das fiestras e as correntes xeradas, especialmente nos meses máis duros do inverno; por non moverse da cadeira nin nos cambios de clase; pola desinfección constante dos vosos postos e material escolar; pola toma de temperatura diaria ao chegar ao centro; por entrar e saír do instituto de maneira escalonada e seguindo as instrucións (por certo, a felicitación neste aspecto trascende a persoas alleas a esta comunidade educativa); por perderse excursións e as clases nas aulas específicas; por aceptar que o recreo non era un espazo por compartir; por cumprir, malia a dificultade, co que se vos pediu dende o ámbito académico; e, sobre todo, por demostrar que todo isto pódese facer sen perder o sorriso. 

Moitas grazas a todos/as. Desexámosvos un bo verán e un próximo curso sen COVID. 

Calendario fin de curso e inicio de matrícula

Achégase o calendario de fin de curso para alumnado e o prazo de matriculación para o curso 2021-2022:

CALENDARIO DE FIN DE CURSO E PRAZO DE MATRÍCULA

 

Último día lectivo

Visita de Eva Mejuto

Enquisa Biblioteca

O equipo de Biblioteca pide a vosa colaboración para mellorar o funcionamento da Biblioteca de cara aos próximos cursos académicos. Animádevos a cubrir esta sinxela enquisa:

ENQUISA BIBLIOTECA. CURSO 2020-2021

Devolución de libros á Biblioteca

Imaxes da saída ao río Delque

Pinchando na imaxe que vén a continuación poderedes ver as fotografías e vídeos realizados o 7 de xuño durante a saída que o alumnado de 3º PMAR disfrutou ao río Delque:

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311D).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante.

Distribuir contido