Concurso de poesía Victoriano Taibo

XIII Premio de poesía Victoriano Taibo

 

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes

BASES:

  1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin ter sido premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galegoda Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).
  2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos con unidade temática, non podendo superar as 250 páxinas.
  3. Os traballos presentaranse en papel por quintuplicado, con letra de corpo 12 nun sobre pechado identificado co lema, alcume, pseudónimo ou o título elixido polo autor/a. Acompañaranse ás copias en papel un CD ou USB coa obra en formato PDF. O arquivo en PDF non poderá conter datos ou metadatos que identifiquen a súa autoría.

Así mesmo, dentro deste sobre, xunto cos traballos incluirase outro sobre pechado identificado co devandito lema, título..., que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico. O xurado só o abrirá no caso de ser premiado

Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:

           Apartado 30

36380 Gondomar (Pontevedra)

  1. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2021.
  2. Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán recollerse no local do IEM en Gondomar. Transcorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
  3. O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
  4. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Dombate e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1000 exemplares editados.
  5. O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
  6. A persoa gañadora comprométese a impartir un obradoiro de poesía no Val Miñor entre os meses xaneiro e marzo de 2022. O obradoiro terá unha duración de 18 horas e non suporá compensación adicional por gastos de ningún tipo á parte do importe en metálico do premio, que se aumentou en 1000 € respecto á anterior edición para cubrir tal circunstancia.
  7. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.

  8. O feito de participar supón a aceptación destas bases.

 

O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as Letras Galegas.

 

Elaboración da pócima "Convivamus"

O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.

 

 

Charla sobre orientación universitaria

O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.

Procedemento de reclamación á calificación final

 

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE DO 2 DE MARZO DE 2021 POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN

 

Festexando o día de Rosalía

Velaquí están algunhas das mostras do festexo do día de Rosalía: os poemas lidos e fotos do alumnado de comercio celebrando o día:

FOTOS TEXTOS E VIDEO

 

 

 

Libros de balde!!

Roteiro cultural guiado por Tui

Cambio de datas nas probas libres de ciclos formativos

Informamos de cambios de datas no calendario de probas libres que aumentan o tempo de matrícula para as persoas adxudicadas tendo en conta a coincidencia con festivos. A data final de matrícula para as persoas adxudicadas remata o día 19 de maio ás 13:00h e o comezo da adxudicación continuada e da liberación de prazas será o día 21 de maio ás 9:00h.

Aproveitamos a ocasión para indicarlles a forma de incluír o motivo de exclusión nas solicitudes no que o documento do título é incorrecto:

Unha vez validada a solicitude polo centro, debese ir polo apartado 3.1. Ao buscar por DNI, "Ver historial", seleccionar a pestana "Proba libre" hai que premer en "Ver solicitude". Debaixo do Acceso seleccionado hai un apartado para marcar un recadro de "O documento do título é incorrecto" que abre un despregue con diferentes opcións. Deberase seleccionar a máis adecuada de todas as existentes para que saia na listaxe o motivo de exclusión.

Lembren verificar por esta vía que todas as solicitudes que non cumpren o requisito de acceso están co motivo de exclusión perfectamente seleccionado.

CALENDARIO PROBAS LIBRES DE CICLOS FORMATIVOS

IV Edición do concurso de poesía e debuxo "Avelino Díaz"

Achéganse as Bases do IV CERTAME DE DEBUXO E POESÍA “AVELINO DÍAZ", que convocan os concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".

O remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021. Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal.

 
Distribuir contido