Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Charlas informativas de Yolanda Mosquera (Academia Postal) no IES García Barbón

O día 23 de febreiro de 2016 estivo no IES García Barbón, Yolanda Mosquera de Academia Postal de Ourense, 

que nos informou, de maneira específica, sobre as oposicións para os estudantes de Administrativo (Ciclo de grao medio e de grao superior) e para o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE).
Moitas grazas pola túa colaboración, Yolanda!

 

A experiencia dunha estudante de Pedagoxía no IES García Barbón

Karina Freitas Ribeiro compartiu co noso alumnado uns consellos e orientacións relativos as distintas posibilidades académicas e posibles saídas laborais dende o punto de vista que lle permite plantexar ser unha xoven pedagoga. Aquí tedes unha presentación do que falou:

 

Actividades de Orientación profesional no IES García Barbón

Aquí tedes as novas de orientación organizadas polo IES García Barbón

Actividades de información académica, orientación profesional e promoción da oferta formativa

Neste cadro resúmense as distintas actividades que realiza o IES García Barbón para dar a coñecer a súa oferta formativa e información académica:

Actividades de orientación profesional e promoción da oferta formativa

Nos próximos días realizaranse distintas actividades de orientación, onde se explicará a ampla oferta formativa que dende o IES García Barbón ofrécese. No seguinte cartel detállase cada unha destas actividades, así como a súa data, hora e lugar de realización:

Vídeo ilustrativo da oferta formativa do IES García Barbón

Neste vídeo amosamos a oferta formativa do noso centro, onde se atopan varias ramas da Formación Profesional. Trátase de dispoñer unha ampla oferta que poida satisfacer ás distintas necesidades da comarca.

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior 2016

Información xeral das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Convocatoria de 2016

 

Información xeral sobre as probas acceso ao grao medio

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medioPara poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
 
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
 

Novidades da covocatoria de acceso 2016

As persoas que posúan un título técnico de Formación Profesional ou o título de Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

Datos oficiais de número de contratos de traballo en Formación Profesional (2014 e 2015)

 Aquí amosamos datos que poden axudar a ver as saídas laborais dos distintos módulos:

Moitas razóns para estudar Formación Profesional

Unha axuda para a escolla do teu futuro: alumnos dan as súas impresións sobre o seu ciclo

Consellos entre estudantes (alumnado de 2º de Bacharelato)

Para un curso coma 2º de Bacharelato, estes consellos dos nosos alumnos non veñen nada mal...

Distribuir contido