Saltar navegación.
Inicio

blogue deadmin

Calendario de exames e avaliacións de setembro de 2020

Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional 2020-2021

Presentación de solicitudes do 25 de xuño ao 8 de xullo ás 13:00 horas.
 
Prazos do proceso de admisión
 
- Réxime ordinario - Réxime para as persoas adultas
 
 
 
Admisión Grao Medio
 
 
Admisión Grao Superior
 

Unha muller,unha historia

Unha muller, unha historia.

 Aínda que a suspensións das clases non nos permitiu rematar esta fermósa actividade, queremos deixar constancia dela, en memoria e honra de todas as mulleres da historia.

 

 

O alumnado galego do 2º cursos de bacharelato e de ciclos medio e superior de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio

O alumnado galego dos segundos cursos de bacharelato e de ciclos medio e superior de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio

O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan.

Segundo avanzou Celaá, as comunidades recibirán hoxe ou mañá recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e para o desenvolvemento das probas de acceso á Universidade (ABAU). Ademais, a ministra comprometeuse a enviar tamén nos vindeiros días o protocolo sanitario deseñado polo Goberno central para os centros educativos de Ceuta e Melilla, co obxectivo de que poida servirlles de referencia ás comunidades autónomas.

Galicia demandou en reiteradas ocasións un protocolo sanitario específico para o ámbito educativo, avalado polos ministerios de Educación e de Sanidade, como paso previo para organizar a volta as aulas que, segundo estableceu o Goberno central, podería producirse a partir do 25 de maio nas comunidades autónomas que avancen á denominada Fase 2 do plan de reactivación cara á nova realidade.

Para Carmen Pomar, non se entende que diversos sectores económicos dispoñan xa dun protocolo sanitario para a súa reactivación mentres o educativo, que move millóns de persoas en todo o Estado, non o teña a pouco máis dunha semana de poder abrir os centros. A conselleira lamentou a demora do Ministerio no envío do documento e en especial que non puidese ser avaliado conxuntamente na reunión mantida hoxe.

Folla de ruta para o vindeiro curso

Canto ao vindeiro curso escolar, a conselleira insistiu na necesidade de que o Ministerio estableza “unha folla de ruta clara que garanta a igualdade no acceso á educación de todo o alumnado”. Neste sentido, confirmou a participación de Galicia no grupo de traballo que, segundo anunciou o Ministerio, se creará proximamente para preparar o curso 2020-21 e que abordará a organización escolar, a programación didáctica e a dotación tecnolóxica adaptadas á situación derivada da pandemia do COVID-19.

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado, presenza de persoal nos centros e FCT

 RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. (DOG do 6 de maio de 2020).

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. 

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.2. Novos prazos do procedemento. 

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade. 

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020. 

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020. 

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Acordo polo que se modifican as instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.

A partir do día 11 de maio é obrigatoria a presenza nos centros educativos de ensino non universitario de 6 ou máis unidades de, polo menos, un membro do equipo directivo no horario habitual do centro, en xornada de mañá. 

● Nos centros de menos de 6 unidades é obrigada a presenza do director ou profesor responsable os días precisos para a realización dos trámites de escolarización e presentación da documentación ou doutros procedementos. 

Nos centros educativos en que exista persoal administrativo é obrigatoria a presenza no centro nos días que estableza a dirección do centro educativo para atender todos os trámites derivados do proceso de admisión e doutros procedementos. 

 

Desde a mesma data é obrigatoria a presenza do persoal de limpeza nos centros educativos para a realización de tarefas de limpeza e desinfección.

Enténdese por desinfección a limpeza das instalacións, con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mostradores, mobles, pasamáns,máquinas dispensadoras, chans, teléfonos e outros elementos de similares características, conforme as seguintes pautas: utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopen no mercado e que fosen autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No caso de usar un desinfectante comercial, respectaranse as indicacións da etiqueta. Tras a limpeza, os materiais empregados desbotaranse de xeito seguro. 

Así mesmo, realizarase unha desinfección diaria dos postos de traballo, con especial atención a mostradores, anteparos, teclados, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

Acordo relativo ao levantamento da suspensión da formación en centros de traballo correspondente aos estudos de formación profesional

Na realización da FCT no período ordinario, os centros educativos poderán: 

a) Reducir a duración deste módulo ata os mínimos previstos nos reais decretos polos que se establecen os títulos e as súas ensinanzas mínimas: 220 horas no caso de ciclos de grao medio e de grao superior, e 130 horas nos ciclos de grao profesional básico. Así mesmo, no caso dos  programas formativos establecidos na Comunidade Autónoma de Galicia, a FCT poderá reducirse a 65 horas. 

b) Desenvolver o módulo de FCT sen precisar da autorización recollida no artigo décimo cuarto da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo de FCT en Galicia, en días non lectivos e/ou ampliando ao máximo as horas diarias de estadía na empresa, na medida en que as características de cada sector produtivo ou de servizos o permitan. 

c) Favorecer que o alumnado realice ou remate o módulo de FCT mediante a fórmula do teletraballo, sempre que unha empresa ou institución ofreza esta posibilidade e o/a titor/a considere que desta forma o/a alumno/a pode desenvolver as capacidades e acadar os resultados de aprendizaxe previstos no citado módulo e que poida levar a cabo, tamén por medios telemáticos, o seguimento da súa aprendizaxe. 

d) Nos ciclos de grao superior derivados da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrar a realización da formación en centros de traballo e o módulo de proxecto nun único módulo cunha duración de 245 horas (FCT 220 horas e proxecto 25 horas), correspondentes á suma da duración prevista para eses módulos nos reais decretos de cada título. Neste módulo integraranse os resultados de aprendizaxe e os criterios de realización do módulo de FCT, e os resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación do módulo profesional de Proxecto establecidos no currículo de cada título.

En atención ás determinacións anteriores, por proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: 

Acórdase levantar a suspensión de realización da formación en centros de traballo recollida na Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Máis información: 

https://drive.google.com/file/d/1ccV_uHKbrx8SMwcNLz2wcowvtSAdu1DT/view?usp=sharing 

Distribuir contido