Saltar navegación.
Inicio

blogue deadmin

Proxecto Erasmus + "Step ahead 2" en Finlandia

O IES García Barbón participou activamente no Proxecto "Step ahead 2" do Programa Erasmus+ que se celebrou en Finlandia do 14 ao 18 de outubro de 2019.

O proxecto xira ó redor das novas tecnoloxías en vehículos híbridos eléctricos e autónomos.

 

...... E por se non podes achegarte a biblioteca....

Completa as túas actividades de Samaín coa lectura dalgúns dos libros propostos dende a nosa biblioteca. Pasaralo de medo!

O Samaín chegou ao IES!

O Samaín chegou o noso IES! Achégate a biblioteca e pasa un rato terrorificamente divertido coa escolma de libros e as actividades propostas dende a biblioteca.

Información importante sobre Formación Profesional Básica (FPB)

A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Anotacións básicas sobre a Educación Secundaria de Adultos

Destinatarios

Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

Organización

Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Na modalidade semipresencial é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada ámbito (unha hora semanal para o ámbito social, dúas sesións lectivas para o ámbito de comunicación e outras dúas para o ámbito científico-tecnolóxico).

A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente.

Duración

Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos.

As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.

Centros

Pode consultar a rede de centros nesta ligazón.

Máis información

 

Distribuir contido