Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Novas

Folga estudantil (25 de abril)

Probas de certificación CUALE-inglés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Informámosovos de que o prazo de matrícula nas probas de certificación de inglés do alumnado CUALE será do luns 10 de abril ao venres 14 de abril (ata as 12.00 do mediodía). O alumnado pode matricularse directamente, accedendo á ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/.

 

Para máis información en canto a estas probas, achégase aquí a Instrución 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficla para o curso 2022/23.

En canto ás datas das probas, pódense consultar na páxina da EOI-Ferrol.

Viaxe de estudos á cidade do Porto

  Praça da Galiza   Palácio de Cristal      
  Na Praça da Galiza. Monumento a Rosalia de Castro    Vistas desde parque do Palácio de Cristal   Livraria Lello & Irmaos    
               
               
  Foz do Douro (Matosinhos)    O guia Sérgio conta a história do romancista Camilo Castelo Branco    Metro    Estaçao de San Bento
               
               
   Escadas da Sé    Vistas do Douro    Cruzeiro das seis pontes    Gáia
               
         

   

Viagem à cidade do Porto
Março, 2023

Turmas de Língua Portuguesa-2LE (1.º e 3.º ESO)

 

  Museo dos Descubrimentos   Restaurante Novo Paris  

IES de Mugardos
IES Fernán Esquío de Neda

Cancións no camiño

  Xa están listas as cancións feitas e interpretadas polo alumnado de Atención Educativa de 1° Bach.  Queremos agradecer o traballo de edición de son de Bea Roxana Bautista e o entusiasmo dalgúns alumnos-as que fixeron un traballo moi chulo.

DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO

En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.

Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.



Terceira edición Mocidade (Congreso da xuventude- Xunta de Galicia)

Esta semana celebraráse na Coruña a III edición de Mocidade, o congreso galego de xuventude organizado pola Xunta de Galicia.

  • DESTINATARIOS: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos).
  • DATAS: venres 24, (comezamos pola tarde, ver horarios), sábado 25 (mañá e tarde) e domingo 26 de marzo (almorzo e saída para os aloxados).
  • LUGAR DE REALIZACIÓN: Palexco (A Coruña).
  • ALOXAMENTO: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo), en dormitorios compartidos.

Sorteo "Cesta de entroido" (ANPA)

O número agraciado correspóndelle á papeleta que conteña o 1146

Proceso de solicitude de admisión para o curso 2023-2024

SOLICITUDES DE ADMISIÓN para alumnado de fóra do centro.
O alumnado deste centro e dos centros adscritos que realizou a reserva ten garantida a praza para o próximo curso.
 
PRAZO: 

Presentar as solicitudes de admisión entre o 1 e 20 de marzo de 2023
.
PROCEDEMENTO:
  • Na Sede electrónica da Xunta.

  • Na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro.

  • Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. Hai impresos dispoñibles na conserxería do instituto e tamén no documento adxunto.

NOTA INFORMATIVA:

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite en primeiro lugar, na que se poderá facer constar unha relación de ata cinco centros máis por orde de preferencia, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

DOCUMENTACIÓN PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

  • Fotocopia do DNI do alumno/a ou certificado de nacemento.
  • Fotocopia completa do libro ou libros de familia.
  • Certificado de matrícula do curso actual.
  • Fotocopia da solicitude de admisión unha vez cuberta.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e o convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
 
Listaxes:
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

  • Reclamacións contra as listaxes provisionais: no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO E BACH
O prazo de matrícula será indicado oportunamente.

Superado o 1.º reto strava do Camiño Inglés

Persoas que acabaron o 1° reto.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

 

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:

- 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva

- 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral

Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL.

Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO

 Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:

Entrega de alimentos a Cáritas

Entrega dos alimentos e produtos non perecedeiros recollidos ao longo das últimas semanas para a súa distribución por Cáritas Mugados. Grazas. 

Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA

 Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta. 

  

EN QUE CONSISTE?

Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto.

1º RETO

Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos.

2º RETO

Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos.

3º RETO

Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos.

Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos.

Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso.

 + INFORMACIÓN:
        Consulta a documentación e comeza o reto!!!

 

Recollida de alimentos non perecedeiros (Cáritas)

 

Campaña de recollida de alimentos non percedeiros

DATAS: do 5 ao 19 de decembro

LUGAR: mesas situadas na entrada do IES de Mugardos

 

 

Día da discapacidade (3 de decembro): Estrea do documental "Quererla es crearla"

 

Qué sentirías si el mundo en el que vives estuviese hecho para todas las personas menos para ti?
Qué sentirías si nadie contase contigo, si fueses invisible, si tu palabra no contase, si tu vida dejase de ser vida porque otras personas deciden por ti?
Qué pasaría si no tuvieses derecho al amor, a la amistad, a ir al insti de tu barrio, a tener un trabajo, a votar, o a ir a los mismos sitios que los demás para divertirte? Qué pasaría si no tuvieses derecho a la felicidad?
Todo esto es lo que le suele pasar a las personas con discapacidad.
Hubo un tiempo en que a las personas de otras razas, con diversidad sexual o a las mujeres se las excluía. Hoy hemos avanzado en derechos pero hay un colectivo, el de las personas con discapacidad, que aún tienen grandes dificultades para ser incluidas en la sociedad.
Hagamos un repaso a los sinónimos. Qué palabra significa lo mismo que no incluir? Pues sí, acertaste, es excluir, discriminar. Y qué emociones o reacciones genera la exclusión? Pues sí, volviste a acertar, la exclusión genera dolor, rabia, ira, frustración, tristeza y otra vez dolor, un enorme dolor e infelicidad.
Cuando pienses que a un compañero/a, a un alumno/a, se le da ayudas que suponen una ventaja y que esta escuela no es su escuela, recuerda y siente por un momento qué sentirías tú si estuvieses en su lugar.
Para entender y ponernos en la piel de las personas con discapacidad queremos celebrar el 3 de diciembre, día de la discapacidad, estrenando en el IES Mugardos el documental "Educación inclusiva, quererla es crearla".
Veremos risas y lágrimas, escenas cotidianas de la vida de personas con discapacidad, padres que han luchado para que la escuela no sea el lugar de la mayoría si no de todas las personas. Veremos sus peticiones a la Ministra de educación. Veremos que las cosas han cambiado y que aún queda mucho por cambiar.
Por último, recuerda, uno puede nacer con discapacidad o adquirirla a lo largo de la vida. Uno puede vivir la discapacidad en primera persona o como madre, como abuelo, como hermana, como amigo, como vecina o compañero.
Porque nos puede tocar a todas las personas en algún momento de la vida, tú decides si quieres la inclusión, tú decides si quieres crearla!
Piensosientosoy

Resultados das eleccións ao Consello Escolar (2022)

Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.

PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS
Candidaturas electas Rocío García Fontán
Suplentes

Eduardo Lorenzo Cabezón

 

ALUMNADO
Candidaturas electas Marta Casteleiro Rivera
Antía Martínez Romero
Suplentes

Alonso Amenedo Pérez

Íker Fernández Casal

Noemí Abeal Payo

Carolina García Hermida

Eneas Pérez Cruz

Óscar Pita Freire

Anxo Silvén Montes

 

PROFESORADO
Candidaturas electas Begoña Gómez Díaz
Micaela Rei Castro
Monse Arza Rodríguez
Suplentes

Juan José Guillín Fraga

Isabel Calvo Díaz

  

Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días  perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.

 

 

Concurso "Non camiñas soa": relato premiado

A gañadora do Concurso de microrrelatos foi Iria Vázquez Gutiérrez de 2 Bach A.

 

Cadidaturas (Consello Escolar, 2022)

 

Profesorado

 

Alumnado

 

Familias

     

Samaín 2022

Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña 

    
 

Monstros nas catedrais                                        

O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno 

  
 

Cabazas peregrinas 

As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas.

 

 

Cemiterios de peregrinos

Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre.

 
 
Fonte: Lecturamos

Folga do 23 de setembro

NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.

Distribuir contido