Skip to Content

Dinamización lingüística

Día Europeo das Linguas 2023

O IES DAVID BUJÁN súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.

Para celebrar esta data a  semana que vén prográmanse  dous concursos  no centro:

1. CONCURSO : CANTAS LINGUAS COÑECES?

Antes de iniciar o concurso debes indicar nome, apelidos, curso e grupo. Para poder identificarte no caso de premio. Podes facer todas as partidas que queiras. O que ten máis importancia son os acertos e despois o tempo, como xa sabes.

Xa podes comezar, tes que  pór a teu nome,... e premer en começar. Xa verás cantas linguas coñeces! Sorte!! 

Concurso "Cantas Linguas coñeces?"

 

2. ADOPTA UNHA PALABRA. Escolle unha palabra que esperte en ti un sentimento e investiga como se di nas diversas linguas europeas. Despois fai unha nube de palabras. Toda a información aquí

PARTICIPA!!

GORENTOSOS PREMIOS!!

Concurso musical - setembro

Xa está aquí o concurso deste mes.  Ata o 1 de outubro podes completar a peza das Tanxugueiras Desideia), xuntas ou por separado. Entre todos os partcipantes sortearanse puntos de EDLG e vales da cafetaría. Sortearase unha camiseta moi chula (exposta na cortiza do EDLG) se hai 35 ou máis participacións.

O vídeo de Youtube ten a letra.

PARTICIPA. PREME NA CANCIÓN  E NON ESQUEZAS PÓR O TEU NOME E CURSO

  

Manter o galego

por Manuel Bragado no Nós Diario:

 

Nos centros educativos participei en conversas en contextos formais, fose en claustros, reunións, cursos ou entrevistas e xuntanzas con familias, nas que algunha das participantes que decote fala galego deixa de repente de facelo cando outra persoa se expresa en castelán. Un comportamento atribuíble a unha mal entendida "cordialidade lingüística" que no contexto das dúas linguas en contacto obrigaría a renunciar sempre ao uso do galego como expresión de achegamento comunicativo coas persoas participantes.

 

Unha escolla lingüística que, pola contra, non corresponde coas participantes instaladas en castelán, mesmo nos centros educativos públicos comprometidos a utilizar o galego como a súa lingua de instalación, que nalgúns casos poden chegar a solicitar que na súa presenza non se empregue o galego aducindo que «no lo entiendo».

 

Unha asimetría lingüística insoportable, froito do prexuízo de entender aínda o galego como lingua inferior ou reducida ao eido familiar, que debilita o uso normalizado do galego na comunicación habitual da comunidade educativa, como sucede noutros eidos da vida social, como o sanitario, xudicial, administrativo ou comercial, nos que as persoas galegofalantes (e neofalantes) deben enfrontar dificultades semellantes.

 

En Catalunya, onde a pesar das políticas educativas de inmersión das últimas catro décadas, o uso social do catalán era en 2018 do 32% constituíuse a plataforma cidadá 'Mantinc el catalá' coa intención de concienciar e animar ao maior número de persoas da necesidade de manter o emprego do catalán en todos os eidos e circunstancias, "entendendo o catalán como lingua de integración e benvida" e "animando a todas a compartir este hábito lingüístico, en especial na contorna de cadaquén".

 

Actitude corresponsable, empática e integradora que neste comezo de curso sería moi útil tamén en Galicia para promover nos centros educativos hábitos lingüísticos alternativos aos prexuízos que mantivesen (e mesmo incrementasen) o uso do galego.

Anuarios do IES David Buján

Estes son os anuarios do noso instituto, elaborados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Anuario Curso 2022-023

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou o Anuario do curso 2022/2023, con fotografías dos grupos deste ano e textos de diferentes autoras e autores que foron protagonistas do Día das Letras Galegas ao longo da historia desta celebración. Esperamos que sirva como unha lembranza feliz deste curso.

Podédelo ver aquí ou descargar este PDF.

Pasade un bo verán!

Leti da Taberna

O 20 de xuño estará connosco a galetiktoker Leticia Mirás, Leti da Taberna.

Leticia comezou a publicar vídeos en cave de humor durante o confinamento e xa ten 31.000 seguidores .

https://www.tiktok.com/@letidataberna

Cine no Buján

Para acabar co ciclo de proxeccións deste curso, vaise exhibir no salón de actos do noso centro o 19 de xuño Harry Potter e o preso de Azkabán.

Están convidados todas e todos que colaborastes co EDLG. Os flocos de millo xa o pon e EDLG.

Últimos premios do 2022-2023

Despois de feitos os sorteos pendentes (Musigal e o concurso musical de maio) estes son os últimos gañadores.

 

Parabéns!!

Poden  recoller o premio do departamento do EDLG

 

Musigal23

Xa acabou a fase das votacións.  

No máis alto do podio quedou Berto. Parabéns!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut