Skip to Content

Lingua galega e literatura

Curso 2023-2024

Profesorado

  • Carmen Suárez López (Xefa de Departamento)   carmensuarez@iesdavidbujan.gal
  • Irene de Concepción Fernández   iconcepcion@iesdavidbujan.gal
  • Inmaculada Otero Varela   inmaotero@iesdavidbujan.gal
  • Antonio Porto Sánchez   portosanchez@iesdavidbujan.gal
  • María del Mar Mosquera Barbeito    mosquerabarbeito@iesdavidbujan.gal
  • Vanessa Velo Suárez   velosuarez@iesdavidbujan.gal

 

Programacións didácticas

 

Intercambio de Portugués 2023/2024 en Vagos (Aveiro)

Chegaron algunhas imaxes novas e puidemos facer este pequeno vídeo de lembranza do intercambio de Portugués deste ano! Entre o 18 e o 21 de marzo de 2024, 18 estudantes de 2º, 3º e 4º de ESO de Portugués visitaron os nosos amigos do Agrupamento de Escolas de Vagos (Aveiro), onde vivimos unha experiencia que non imos esquecer.

Este intercambio foi cofinanciado con fondos do programa Erasmus+.

Alumnado de Portugués participa na lectura continuada d'A república dos sonhos

 

 

nelida.gal

O alumnado de Portugués de 2º de BAC participou na lectura continuada da novela A república dos sonhos, da escritora brasileira Nélida Piñón (1937-2022), que era filla de emigrantes galegos e chegou a ser presidenta da Academia Brasileira de Letras. Nesta obra, a autora reflectiu a epopea dos emigrantes galegos chegados ao Brasil a comezos do século XX.

Visita ao Museo Provincial de Lugo (1º ESO)

13/10/2022 08:40
13/10/2022 14:00
Atlantic/Bermuda

Encontro literario: Antía Yáñez

 O próximo 18 de novembro visitará o noso centro a escritora Antía Yáñez para atoparse cos seus lectores, os alumnos de 2º da ESO que leron O misterio de PortomarínO misterio do torque de Burela

Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre...No ano 2016 publica O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019). En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquistaBe Water foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura

 

CURSO 2022-23

PROGRAMACIÓNS:

  • Portugués (2ª LE)
  • Lingua Galega e Literatura: sistema de cualificación (Bacharelato)

PROFESORADO:

Carmen Suárez López (Xefa de Departamento)  correo  carmensuarez(arroba)iesdavidbujan(punto)gal

Irene de Concepción Fernández  correo  iconcepcion(arroba)iesdavidbujan(punto)gal

Inmaculada Otero Varela  correo  inmaotero(arroba)iesdavidbujan(punto)gal

Antonio Porto Sánchez  correo  portosanchez(arroba)iesdavidbujan(punto)gal

Marta García Salgado correo marta.garcia.salgado(arroba)iesdavidbujan(punto)gal

Medidas do departamento de lingua e literatura galega para seguir o curso e poñerse en contacto co profesorado durante o tempo de suspensión das aulas

Marzo de 2020

  • A forma de comunicarse que usará a profesora de Lingua Galega de 2º de ESO e 4º ESO-B será a través do correo electrónico do instituto: inmaotero@iesdavidbujan.com. Xa se lle enviaron a todo o alumnado a través deste medio as instrucións precisas para os próximos días.
  • O alumnado de 2º de ESO ten que entregar o relato que estaba programado para o día 23 nesa mesma data a través dun documento adxunto. A partir dese día subministrarase material novo.
  • O alumnado de 4º de ESO-B ten que entregar un comentario de texto e a análise dunhas frases para o martes 17. A partir dese día recibirán polo correo novas directrices.
  • O alumnado de 1º ESO-A e 1º ESO-C e 4º ESO-A recibirá información a través de abalarMóbil, coa conta do correo do centro e dos seguintes blogs:
    • 1º ESO (LG): http://cadernodegalego1.blogspot.com/
    • 1º ESO (2 LE): http://cadernodeportugues1.blogspot.com/
    • 4º ESO (LG): http://cadernogalego4.blogspot.com/
  • O alumnado de 2º de bacharelato seguirá utilizando Aula Cesga e poderá poñerse en contacto coa profesora a través do correo: carmensuarez@iesdavidbujan.com
  • O alumando de INEIN e 1º ESO-B recibirá instrucións a través do correo corporativo do instituto e poderá poñerse en contacto coa profesora no correo anterior.
  • O alumnado de 3º de ESO e 1º de bacharelato recibirá información do profesor a través do correo: portosanchez@iesdavidbujan.com e da Aula Virtual do instituto.
  • O alumnado coa materia pendente de cursos anteriores será atendido a través de Google Classroom. Para calquera consulta enviar un correo á profesora: carmensuarez@iesdavidbujan.com

100 anos de Irmandade

O xoves 6 de outubro o alumnado de Litratura galega do século XX paseou polas rúas da Coruña recordando os homes e mulleres que hai cen anos fundaron nesta cidade a primeira Irmandade da Fala.

 

Cesária Évora, in Memoriam

Mindelo, Cabo Verde, 1941-2011. Morreu a "diva dos pés descalzos" a "raíña da morna".

 


3:44 minutes (4.66 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut