Skip to Content

Lingua castelá e literatura

CURSO 2023-2024

Profesorado

  • Carlos Nicolás Balado Sáez de Viteri  (Xefe de departamento)   cnbalado@iesdavidbujan.gal
  • José Luis Villar Piñeiro   jvpineiro@iesdavidbujan.gal
  • David Antonio Muiño Barreiro   dmuino@iesdavidbujan.gal
  • Lucía María Pérez Sánchez   lpsanchez@iesdavidbujan.gal  -->  Jesica Maria Aller Suárez  jaller@iesdavidbujan.gal

 

Programacións didácticas

Viaxe a Almagro 1º bacharelato

O alumnado de 1º bacharelato viaxou, entre os días 12 e 16 de marzo, a Almagro para asistir a unha representación teatral no Corral de Comedias. Tameń se visitaron os muíños de vento de Consuegra e, xa en Madrid, realizáronse outras actividades culturais: teatro, visitas a museos (Thyssen-Bornemisza, Prado e Reina Sofía) e un percorrido interpretativo pola arte urbana de Lavapiés cun taller de graffiti. No traxecto de volta, aínda deu tempo de visitar o Mosteiro de San Lorenzo del Escorial.

CONTOS DE MEDO NA BIBLIO

Este venres, 5 de novembro teremos sesión de contos de medo na biblioteca. É unha actividade para traballar a oralidade, que é unha das recomendacións para este curso da Asesoría de Bibliotecas Escolares.  Está organizada pola nosa biblioteca e polo departamento de Lingua Castelá  Vai dirixida ao alumnado de1º de ESO e actúan como narradores alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. Aquí podedes ver o alumnado lector e os textos que van ser lidos.

Comentario da obra Bicos con lingua

 

O pasado 10 de outubro, os alumnos de tódolos 3º da ESO foron de excursión a un espectáculo de comedia no que a través de diversas situacións cotiás se invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega, polos departamentos de Lingua Galega e Castelá. 

A obra nace dun forte sentimento de amor cara algo coma a nosa lingua, a lingua galega.  Non se trata en ningún momento dun exercicio de vitimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. O que pretenden con esta representación é que a lingua medre na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e  abusos aos que esta sometida actualmente.

Bicos con lingua é un espectáculo sinxelo, directo, cotiá, que invita á reflexión e que se adapta a calquera espazo. Un espectáculo de calidade dirixido a tódolos “falantes”.

Sinceramente, creo que todos os meus compañeiros e compañeiras aprendimos algo desta obra de teatro. A obra encantoume. Espero que se podan facer máis saídas asi, culturais, porque están xeniais porque aprendemos cousas que non se ensinan actualmente nos centros galegos, os prexuízos dunha lingua. Pasiño a pasiño vaise mellorando para que os centros educativos poidan ofrecer unha educación máis completa e entretida para a mocidade.

Por último, quero dar as grazas ao instituto por preparar actividades tan interesantes.

 

EDÉN AVECILLA CARRERA

3ºC

Imágenes integradas 1

Distribuir contido


by Dr. Radut