Skip to Content

Para Xoán, con cariño. Sempre entre nós!

A Xoán Díaz:

Profesor de Lingua Galega no noso instituto

durante 25 anos (1993-2018), impulsor de

múltiplas iniciativas que deixaron unha grande

pegada no centro: o certame literario, o grupo

de convivencia e mediación ...; precursor tamén

do uso e fomento das TIC no ensino: as 

bitácoras Son de Poetas,

Mensaxe nunha botella... 

Un referente para todos nós, tanto polo seu

labor docente como pola súa calidade humana.

 

As moradías do vento

 

Dorme coma un paxaro encol das ponlas

dos vellos castiñeiros, dos carballos,

das sobreiras marelas onde a lúa

frutifica o seu corpo pendurado.

 

Nos bidueiros brancos o asubío

arrolando o silencio, desfiando

a longura da noite que se perde

nos camiños estreitos e calados.

 

Eiquí latexa o vento polas follas,

cando a gaita de prata repinica

e bebe o cervo auga, silencioso,

o o merlo fai cereixas na campía.

 

Érguese agora o vento quedamente

nas técolas de orballo estrelecidas,

no voo dos paparroibos, e das rulas,

pola infinda canción das cotovías.

 

Aceso vento na mañá camiña

con recendos de ruda e margaridas.

 

                     Avilés de Taramancos.



page | by Dr. Radut