Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Roteiro "Camiño inglés de Cambre ou de Faro"

 

                                                                                                                                           

 

O alumnado de 2º de ESO disfrutou dunha xornada de roteiro polo camiño de Santiago inglés por terras de Cambre, Camiño de Faro.

   

Roteiro de Convivencia - río Mero. 1º ESO 14.10 - 18.10h

08/10/2018 11:34
Atlantic/Bermuda

Ponte no seu lugar, unha actividade solidaria

Durante os tres minutos que dura o vídeo, moitos rapaces e rapazas do noso centro metéronse na pel dun neno refuxiado: o seu nome, a súa idade, a causa da súa fuxida ou a súa situación actual pasaron a ser parte da súa vida.

Moitas grazas polo voso traballo e aquí tedes algúns dos vosos vídeos.

 

 

Día da non violencia e da Paz: Andaina Solidaria

Co gallo da celebración do Día da non violencia e da Paz -30 de xaneiro- temos previstos distintos eventos conmemorativos:

* Andaina Solidaria. Continuando co noso compromiso coas actividades solidarias, este ano imos levar a cabo un percorrido solidario pola contorna do noso instituto. O día 30 de xaneiro, a partir das 12:30, todo o alumnado da ESO percorrerá -andando ou correndo- un treito de 4 quilómetros a beira do río Mero.

Nos días previos e posteriores á andaina, os nosos alumnos poderán conseguir patrocinadores que valoren con cartos os quilómetros percorridos por eles. Estes cartos doaranse a ONG, Proactive Open Arms.

Previamente ao comezo da actividade, contactaremos cos voluntarios que dita ONG ten na illa grega de Lesbos para falarlles da nosa iniciativa.

 

* Ponte no seu lugar. Trátase dunha actividade de investigación periodística, na que os rapaces e rapazas da ESO van procurar información sobre a vida dun refuxiado: o seu nome, a súa procedencia, as súas condicións no seu pais de orixe e o seu percorrido. Con estes datos, cada un deles van gravar un vídeo no que ,durante tres minutos, vanse poñer no seu lugar.

Cos vídeos faremos unha proxección no vestíbulo do instituto.

Recoñecemento á calidade 2017

Recentemente, o noso centro obtivo o recoñecemento á calidade 2017 no seu proxecto Erasmus + “Engaging students: STEM Clubs & Citizen Science” http://www.citizenscienceclub.com/, que se desenvolveu neste IES entre o ano 2014 e o 2016. Trátase dun premio otorgado polo Servicio Españo para la internacionalización de la Educación (SEPIE), Agencia Nacional del Programa Erasmus + de la U.E.

Grazas a este proxecto, puidemos crear no centro un STEM Club onde rapaces e rapazas participan en actividades de enxeñería e ciencia cidadá. Hoxe, algún destes rapaces xa non están no centro, mais continúan ligados ao club, axudando aos máis cativos a “aprender ciencia divertíndose”. Actualmente, ese club xa é unha asociación xuvenil organizada polos nosos ex – alumnos.

 Os nosos parabéns a todo o alumnado que colaborou no proxecto, ao seu coordinador e a toda a comunidade educativa do IES David Buján.

Distribuir contido


by Dr. Radut