Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Xornada de éxito na competición de campo través

Máis de 150 rapaces e rapazas do noso centro participaron onte na competición de campo través organizada pola Federación Galega de Atlestismo. Algúns deles acadaron o podio e a maioría disfrutaron dunha xornada deportiva xestionada polo departamento de Educación Física.

Nadia Albacete e Xoan Recuna, recolleron premio en categoría cadete; Diego Vázquez e Héctor García, en infantil.

Entroido 2017: A Película

 

 

Dirección de fotografía: Coqué e José Ángel

Entroido 2017

Hoxe, día 24 de febreiro, celebramos o entroido no instituto. Durou dende as 10:30 ata as 14:10. Foi un evento cheo de cores, música e moita ilusión e alegría. Este ano o tema era o cine. Cada clase escolleu unha película e tiñan que caracterizarse dela, incluso o fixo o profesorado. Durante todo o tempo que durou houbo un posto no que se podía mercar comida coma rosquillas, biscoito...

Le a crónica completa de Marta Vázquez...

(para visionar as imaxes calca nunha das miniaturas)

11

22

33

44 55

66

778899101011111212

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita ás instalacións de Aluman co alumnado de Economía 4º ESO

10/01/2017: O grupo de alumnos/as que cursa a materia de Economía en 4º ESO visitaron as instalacións de Aluman, empresa galega punteira na industria do aluminio, actualmente desenvolvendo proxectos en distintos lugares do mundo. 

Aluman

Xornada inesquecible no IES David Buján

O pasado xoves, 26 de maio, tivemos unha xornada chea de emocións. Pola mañá, Ángel Carracedo –catedrático de Medicina Legal da USC- deleitounos coa súa sabedoría e humanidade e ,polo serán,  despedimos a unha promoción moi especial no instituto, a promoción que leva a distinción do noso, do seu 25 aniversario.

 

Ángel Carracedo no IES David Buján

O vindeiro xoves, 26 de maio, ás 12 da mañá,grazas a xestión da nosa alumna Ana Rascado. imos ter a honra de recibir no noso centro a D.Ángel Carracedo Álvarez, Catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela e da Fundación Galega de Medicina Xenómica, así como vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal.

Distribuir contido


by Dr. Radut