Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Maruja Mallo 2017

Maruja Mallo 2017

A Real Academia Galega de Bellas Artes decidiu dedicar este novo ano, 2017, á pintora Maruja Mallo, musa do surrealismo nada en Viveiro.

O noso centro súmase a esta homenaxe cunha exposición promovida desde o departamento de Debuxo, na que o alumnado de 1º da ESO e as súas familias interpretan once obras da artista, aportando a súa creatividade no uso da cor e texturas. A exposición pode visitarse no vestíbulo do instituto.

Queremos agradecer ás familias a súa implicación neste proxecto e dar os parabéns ao alumnado polo talento amosado nas interpretacións da obra de Maruja Mallo.

Entroido 2017

Hoxe, día 24 de febreiro, celebramos o entroido no instituto. Durou dende as 10:30 ata as 14:10. Foi un evento cheo de cores, música e moita ilusión e alegría. Este ano o tema era o cine. Cada clase escolleu unha película e tiñan que caracterizarse dela, incluso o fixo o profesorado. Durante todo o tempo que durou houbo un posto no que se podía mercar comida coma rosquillas, biscoito...

Le a crónica completa de Marta Vázquez...

(para visionar as imaxes calca nunha das miniaturas)

11

22

33

44 55

66

778899101011111212

 

 

 

 

 

 

 

 

Pedaladas solidarias

pedaladas solidarias

1400 € recadados para Proactiva Open Arms, ONG de axuda aos refuxiados

Inauguración das nosas Pedaladas Solidarias

Hoxe fixemos o acto inaugural das nosas Pedaladas Solidarias. Ana Rascado, unha alumna de 2º de Bacharelato, foi a encargada dunha presentación que contou cunha emotiva conexión cos voluntarios de Proactiva Open Arms na illa de Lesbos.

As autoridades presentes –a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; o Alcalde e o Concelleiro de Xuventude de Cambre e o Inspector do noso centro- e a nosa directora fixeron a primeira pedalada deste longo traxecto de máis de 1000 quilómetros, entre Kobane e Bodrum. 

Queremos agradecer a colaboración desinteresada da empresa DECATHLON de Oleiros e do Clube Ciclista de Cambre que nos emprestaron parte do material e nos axudaron na montaxe das bicicletas.

Damos os parabéns a toda a Comunidade Educativa do IES David Buján pola súa colaboración e pola súa presencia neste pequeno acto solidario.

Pedaladas Solidarias

Entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreIro, a Comunidade Educativa do IES David Buján terá a súa disposición seis bicicletas estáticas para tentar reproducir virtualmente o percorrido que fixo o rapaz, Aylan Kurdi –o rapaz falecido en setembro de 2015 cando intentaba chegar a illa grega de Kos desde a costa turca- desde Kobane (Siria) ata Bodrum  (Turquía),  uns 1200 quilómetros. As persoas interesadas poderán pedalar un máximo de dez quilómetros e recibirán unha gratificación  económica  -previamente  pactada  nunha  tarxeta-  dos seus “patrocinadores”. Os cartos recadados destinaranse a unha ONG de axuda aos refuxiados (Proactive Open Arms)

 

O acto de presentación vaise realizar na entrada do Centro, na parte exterior (salvo que a chuvia o impida) a partir das 12 da mañá. Terá unha duración aproximada de 30 minutos, o tempo que durará ese día o período de lecer do noso alumnado.

Neste acto van a estar presentes a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; o Alcalde de Cambre e o Responsable da área de Patrimonio, Turismo e Xuventude deste concello e o Inspector de Educación do noso centro. Así como todos o alumnado, membros do claustro de profesores e país/nais da ANPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut