Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Xornada de éxito na competición de campo través

Máis de 150 rapaces e rapazas do noso centro participaron onte na competición de campo través organizada pola Federación Galega de Atlestismo. Algúns deles acadaron o podio e a maioría disfrutaron dunha xornada deportiva xestionada polo departamento de Educación Física.

Nadia Albacete e Xoan Recuna, recolleron premio en categoría cadete; Diego Vázquez e Héctor García, en infantil.

Semana contra a Violencia de Xénero, do 20 ao 25 de novembro

 

O IES David Buján ten preparadas distintas actividades para traballar entre o alumnado o tema da violencia de xénero. Sinalar que o noso centro ven de sumarse á iniciativa do concello, Cambre en negro. Estas son as iniciativas que imos desenvolver ao longo desta semana:

- Xardín-denuncia. Un taboleiro homenaxe ás mulleres vítimas do maltrato feito con flores e mensaxes de apoio a estas mulleres

- Música para pensar. Trátase de reflexionar sobre as mensaxes contidas nas cancións.

- Pelea de galos, nas que as letras dos raps inciden sobre este tipo de violencia

- Recreación visual do poema, Baldosas, de Carlos Negro.

- Proxección de vídeos sobre micromachismos.

- Obradoiro de bo trato do Concello, con educación e xestión emocional para o alumnado de 3º e 4º da ESO

- Concentración sileciosa e lectura dun manifesto, dentro da iniciativa Cambre en negro. O xoves, ás 12, todos con camisetas negras, faremos unha xuntanza na entrada do instituto.


Xornada final do proxecto, O mundo que queremos

Este domingo, os nosos alumnos e alumnas deron un exemplo do seu compromiso co proxecto, O mundo que queremos. Baixo unha pequena carpa, convidaron aos asistentes a reflexionar sobre o tipo de sociedade que desexamos. Pecharon o acto cunha fermosa proclama contra as desigualdades sociais e convocando a todos os cambreses na procura do seu  compromiso solidario. 

Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas do IES David Buján pola súa xenerosidade nunha mañá que invitaba máis ao lecer que ao traballo. 

Xornada final do proxecto, O mundo que queremos, na Feira de Cambre

O próximo domingo, 18 de xuño, un grupo de rapaces da ESO que participaron no proxecto de cooperación, O mundo que queremos, van presentar e difundir a súa experiencia na Feira de Cambre. Os rapaces e rapazas darán a coñecer os seus traballos audiovisuais, farán unha performance e comentarán con todos os asistentes a súa visión das desigualdades sociais e as nosas posibilidades de invertir o proceso.

Entrega de premios do XXIV Certame Literario de Cambre

O vindeiro venres, 16 de xuño, o noso centro vai ser o anfitrión na entrega dos premios do XXIV Certame Literario de Cambre. 

O acto, presentado por Juan Voces e Antía Mayo, comezará ás 12:30 no salón de actos. Tras a intervención da Directora do noso instituto, gozaremos coas actuacións musicais de Marta Paz e Rita Andrade. A entrega dos premios pechará a sesión.

XXIV Certame Literario

Distribuir contido


by Dr. Radut