Skip to Content

Orientación

Curso 2016-2017

PROFESORADO

María Begoña Vilar Martínez.

Mª Elvira Fernández Pérez.

Xornada de acollida para o alumnado de 6º de Educación Primaria

O pasado xoves 1 de xuño  recibimos no Instituto a visita do alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP “ Emilio González López” e CEIP “Gonzalo Torrente Ballester” adscritos ao IES David Buján. Estas xornadas permiten ao alumnado coñecer as diferentes dependencias e instalacións do IES mediante o percorrido que realizan acompañados polo alumnado de 1º de ESO que serven de guía coa axuda das diferentes actividades e explicación do profesorado e do alumnado  doutros cursos.

 As xornadas de acollida rematan hoxe luns  día 5 de xuño coa xuntanza das familias á que están todos convidados de 18:30 a 19:30 para coñecer as características da etapa de  ESO que comezarán os seus fillos e fillas para o vindeiro curso escolar 2017-18.

Proxecto sobre Educación Inclusiva

A compañeira Milagros Diéguez Taboada do C.P.I. As Revoltas de Cabana de Bergantiños solicítanos colaboración nun estudo estatístico que está a realizar co seu alumnado de 2º de ESO sobre Educación inclusiva. O traballo, segundo nos informa na súa carta de presentación, segue catro liñas de traballo para as que quererían contar coa opinión da orientadora do centro, co alumnado dos con N.E.E. (Necesidades Educativas Especiais), coas compañeiras e compañeiros deste alumnado e por último co profesorado que lles dá clase.

Na ligazón seguinte encontraredes todos os cuestionarios:

Proxecto de Educación Inclusiva, Cuestionarios.

Lip-dub contra a Violencia de Xénero

Desde as primeiras semanas de outubro un total de 3 aulas de 2º da ESO no IES David Buján están participando no Programa Municipal de Prevención da Violencia de Xénero. As mozas e mozos ensaiarán e gravarán unha peza musical audiovisual, concretamente un lip-dub. Cada centro gravará o seu propio lip-dub ou videoclip e mostrarallo ao resto do alumnado o 25 de Novembro, Día contra a Violencia Machista.

 

 

 

XXIII XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL

Estas xornadas para o alumnado ofrecen a oportunidade de coñecer tanto os estudos artísticos e de FP que se imparten na cidade como os estudos universitarios que se ofertan na comunidade autónoma galega.

Accede ao folleto informativo.

Poderás consultalo todo no blog "orientatron".

  • Do 23 ao 26 de marzo, visita aos centros de FP
  • O 24 de marzo Estudios Superiores de Deseño
  • Do 13 ao 17 de abril Xornadas Universitarias no CUR Centro Universitario de Riazor.
Distribuir contido


by Dr. Radut