Skip to Content

Criterios promoción, ESO, BACH, ESA, Oferta educativa

Criterios de Promoción en Bacharelato

 


Bacharelato

 

Promoción


Titulación


 

 

Criterios de promoción na E. S. A.

 


Educación Secundaria Obrigatoria de Adultos

 

Promoción


Titulación


 

 

Criterios de promoción na E.S.O.

 


Educación Secundaria Obrigatoria

 

Promoción

1. O alumnado promocionará ao curso seguinte cando superase os obxectivos de todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas como máximo, e repetirá curso cando teña avaliación negativa en tres ou máis materias.

2. Excepcionalmente, unha vez realizadas as probas extraordinarias, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou un alumno con avaliación negativa en tres materias, se considera que a natureza das dificultades non lle impedirá seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

3. No cómputo das materias para efectos de promoción, consideraranse tanto as materias non superadas do propio curso como as de cursos anteriores. O proxecto interdisciplinar non computará á hora de considerar o número de materias para os
efectos de promoción ao seguinte curso académico.

Titulación

1. O alumnado que ao terminar a ESO superase todas as materias e alcanzadas as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en ESO.

2. Así mesmo, poderá obter o dito título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente que imparte no grupo considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

3. Para os efectos de titulación, computaranse como materias con avaliación negativa tanto as suspensas do propio curso como as de cursos anteriores.

Extracto da Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Modificada pola Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Oferta Educativa

Oferta educativa

 

O Instituto de Educación Secundaria David Buján, situado no concello de Cambre (A Coruña), é un centro público que forma parte da rede escolar da consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O instituto dá servicios educativos ao alumnado do concello de Cambre e, excepcionalmente núcleos de poboación de outros concellos limítrofes (Carral, Culleredo, Oleiros, Mabegondo).

O noso centro ofrece ensinanzas de:

    • E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria), 1º, 2º, 3º, 4º

    • Bacharelato, 1º, 2º

Conta con medios e instalacions adecuadas para un ensino de calidade.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut