Skip to Content

Convivencia e mediación

Baixo o mesmo paraugas

O domingo 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Celebrámolo colaborando coa iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" de @galiciadiversa (entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar este día cun paraugas colorido como sinal de identidade).

Cerimonia TEI

O pasado xoves 02 de novembro, celebramos a cerimonia TEI para inaugurar unha nova edición do programa TEI "Titoría entre iguais". O alumnado de 3º ESO volve a ser titor/a do alumnado de 1º ESO. Pinchando na seguinte fotografía, podedes acceder a un álbum de fotos do acto que estivo amenizado por un grupo de pandereteiras, integrado por algúns alumnos do centro.

A nosa Aula de Convivencia volve a estar a pleno rendemento!

Invitámosvos a que veñades nos recreos a entretervos con distintos xogos e actividades. Algúns son de cursos pasados (o xadrez ou cubos de rubik) e outros son novos ("unno", “jenga”, “cortex”, “hundir la flota”, “scrabble”, “tabú”…) Tamén podedes colorear mandalas, tocar a guitarra, ler tranquilamente ou simplemente charlar cos compañeiros, compañeiras e profes. Pronto empezarán os recreos dinámicos con novas actividades. Vémonos alí!

Roteiro Convivencia 1º ESO (2023)

O pasado 25 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o tradicional Roteiro de Convivencia que lles dá a benvida ao David Buján. Fixemos unha pequena ruta polo río Mero e despois de comer os rapaces e rapazas participaron nuns divertidos xogos que lles tiñan preparados os monitores no campo de fútbol Dani Mallo. Unha tarde para convivir e divertirse!

Entrega do donativo correspondente ao II Feirón Solidario de Nadal

O luns 15 de maio visitounos por 2º ano Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor nas dúas ONGs coas que xa colaboraba o ano pasado: Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos e tamén da súa nova colaboración en Turquía con Acción Norte. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, os desastres naturais e a pobreza, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (101,25€) na 2ª edición do Feirón Solidario de Nadal que se organizou desde os Departamentos de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º ESO-B. A dito donativo, sumouse a cantidade de 11,70€ doados pola familia dunha alumna. Total: 112,95€.   
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración no II Feirón Solidario do IES David Buján.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut