O luns 7 de febreiro tivemos unha charla con
Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor en dúas ONGs,
Proemaid e
Rodeiras xuntas por Marrocos. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (92€) no
I Mercado Solidario que se organizou desde o Departamento de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º da ESO, e que tamén se encadra no marco dos
21 Días en galego. O outro 50% do recadado (92€), foi depositado na Secretaría do centro como fondos destinados á excursión de fin de curso de 4º ESO.
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración neste I Mercado Solidario do IES David Buján.