Skip to Content

Proxectos Europeos

Actividade do proxecto Erasmus + Developing an Artificial Intelligence curriculum adapted to European High Schools en Eslovenia

 

 

Parte do alumnado involucrado no proxecto Erasmus AI+ participou na última visita de traballo do proxecto que tivo lugar na vila de Velenje, en Eslovenia. Esta foi a primeira ocasión na que se puideron encontrar de xeito presencial os estudantes de todos os centros participantes: de Italia, Finlandia, Lituania e Eslovenia, ademáis dos nosos veciños do CPI A Xunqueira de Fene.

Durante a estancia, o alumnado foi quen de poñer en práctica as habilidades e coñecementos adquiridos durante estes tres anos de proxecto. Estes talleres complementáronse con visitas ao Centro de Educación Interempresarial (MIC) de Velenje e á Facultade de Informática da Universidade de Liubliana e con diversas actividades lúdicas e culturais.

O bo clima creado entre os participantes e o grande interese das actividades realizadas converteron esta viaxe nunha experiencia inesquecible para todos.

Moitas grazas ao equipo coordinador da UDC e ao profesor Francisco Bellas polo magnífico traballo de organización.

 

 

Experiencia pilodo do proxecto Europeana acompañados da Domus

Origamis de froitas, cociña molecular, gramíneas en alimentación,... toda unha experiencia piloto co

alumnado de 1º de bacharelato no proxecto Europeana acompañados pola Domus.

 

Proxecto Erasmus+ "In the cloud"

Nesta páxina web recóllense os resultados do traballo desenvolvido no proxecto Erasmus+ In The Cloud, no que participamos co Instituto Comprensvo Bartolomeo Lorenzi de Fumane (Italia) e coa escola Loreto Grammar School en Altrincham en Reino Unido. Durante os dous anos que durou o proxecto o alumnado traballou en áreas relacionadas coa robótica, a programación e a cidadanía dixital mediante actividades prácticas e visitas a empresas e organismos de investigación en áreas relacionadas coas novas tecnoloxías e a intelixencia artificial"
Distribuir contido


by Dr. Radut