Skip to Content

Actividade do proxecto Erasmus + Developing an Artificial Intelligence curriculum adapted to European High Schools en Eslovenia

 

 

Parte do alumnado involucrado no proxecto Erasmus AI+ participou na última visita de traballo do proxecto que tivo lugar na vila de Velenje, en Eslovenia. Esta foi a primeira ocasión na que se puideron encontrar de xeito presencial os estudantes de todos os centros participantes: de Italia, Finlandia, Lituania e Eslovenia, ademáis dos nosos veciños do CPI A Xunqueira de Fene.

Durante a estancia, o alumnado foi quen de poñer en práctica as habilidades e coñecementos adquiridos durante estes tres anos de proxecto. Estes talleres complementáronse con visitas ao Centro de Educación Interempresarial (MIC) de Velenje e á Facultade de Informática da Universidade de Liubliana e con diversas actividades lúdicas e culturais.

O bo clima creado entre os participantes e o grande interese das actividades realizadas converteron esta viaxe nunha experiencia inesquecible para todos.

Moitas grazas ao equipo coordinador da UDC e ao profesor Francisco Bellas polo magnífico traballo de organización.

 

 



page | by Dr. Radut