Skip to Content

Visita de 4º de ESO ao CITENI (Ferrol)

O pasado venres 29 de setembro celebrouse a Gnight, a Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento anual a nivel europeo que nace coa intención de achegar a ciencia e a tecnoloxía á cidadanía; e tamén espertar vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada.

Por este motivo, CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais) do Campus Industrial de Ferrol da UDC convidou ao alumnado de 4º ESO de Física e Química e Tecnoloxía a visitar as súas instalacións e participar en obradoiros relacionados coas actividades de investigación que alí realizan. Visitamos o Laboratorio de Enxeñería Mecánica o Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser e o Laboratorio de Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais. Tamén participamos nun obradoiro de matemáticas organizado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).

Moitas grazas ao persoal do CITENI polo convite e polas actividades ofertadas, que foron moi interesantes e entretidas.

 



page | by Dr. Radut