Skip to Content

blogue deiconcepcion

PREMIOS Mail Art . Día de Rosalía de Castro

Reunidos os xurados aquí está a súa decisión. Parabéns aos premiados. Grazas a todos por participar. 

Proximamente entregaranse os premios.

8 de marzo ou a loita pola igualdade

Dende a proclamación en 1910 do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, a instancias de Clara Zetkin, que propuxo na reunión da Internacional Socialista de Copenhagen lembrar ás obreiras téxtiles que en 1857 saíron a rúa en Nova York para reclamar melloras nas súas condicións de traballo, esta efeméride serviu de referente na loita pola igualdade impulsada polos movementos feministas.

O EDLG   tamén se suma na reivindicación deste día e lembra esta  canción das Tanxugueiras, feita para esta data. Aquí o vídeo e aquí a letra

"Chíos de amor"

O obxectivo principal do concurso, convocado polo EDLG e o departamento de Lingua Galega , é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Foron bastantes e variadas as declaracións presentadas a concurso. Aquí tedes as premiadas e os premiados. Grazas a todos por participar. Coma sempre o premio serán unhas gorentosas rosquiñas de Aurora

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O IES David Buján únese   o 24 de febreiro á celebración  do Día de Rosalía de Castro, conmemoración posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento da escritora. Nesta ocasión, o Departamento de LG  levará a cabo  numerosas  de actividades co obxectivo de reivindicar a vixencia da figura e a obra da homenaxeada.

Dende o EDLG  convócanse dous concursos  para impulsar a creatividade  vinculada á figura e obra de Rosalía:

  • Mail art. Elaboración de postais decorados cos poemas  (ilustrados) de Rosalía de Castro. Consulta aquí as bases

RECURSOS:

- Rosalía de Castro (Draw my life). Vídeo

OBRA:

Música:

MAXIA:

AELG ( Manifesto e outros materiais)

21 febreiro. Día da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

Neste día celebramos a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta e a necesidade  de preservar este patrimonio  e de promover o plurilingüismo. Na nosa e na vosa man está o futuro da  lingua galega.

O EDLG do IES David Buján vai repartir  este autocolantes de balde para festexar  esta data e concienciar sobre  a importancia de empregar unha lingua, porque as linguas crecen na nosa boca.

Distribuir contido


by Dr. Radut