Skip to Content

Dinamización lingüística

Concurso: Felicitacións de Nadal

O EDL do centro ten convocado o concurso de Felicitacións de Nadal. Participa e vive un Nadal en galego.

Consulta as bases no Blogue do EDL

 

 

Vídeo Matriarcas

Un grupo de alumnas do Voluntariado Lingüistico de 1º da ESO fixeron este marabilloso traballo  que queren compartir convosco para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Moitas grazas, rapazas!! Moi bo traballo.

Podedes ver o seu vídeo no blogue de EDL

 

Cine en galego: A lingua das bolboretas

A cita mensual co noso cine é o 26 de novembro (o cuarto luns do mes) na aula de 1º ESO A ás 14:45. Este mes a película escollida é A lingua das bolboretas. Son os anos 30 e Moncho está aterrado porque comeza a escola.  Pouco a pouco os seus temores irán desaparecendo grazas á axuda do mestre, don Gregorio, de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil... e todo o muda. A película é un canto á liberdade  e ao respecto que se basea entres contos de libro Que me queres, Amor? de Manuel Rivas. 

 

 

 

Charla-concerto de Lydia Botana

O martes, 20 de novembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO vai participar nunha charla-concerto de Lydia Botana.Esta saída  forma parte da participación do centro no programa Falamos do Concello da Coruña, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.  Esta actividade musical pretende pór de manifesto o valor e riqueza do plurilingüismo. 

Lydia Botana é unha artista multiinstrumentista que formou parte de varias agrupacións musicais. Na actualidade realiza colaboracións con músicos de gran importancia dentro do panorama.  Ten un proxecto persoal, Bolboreta, de música mestiza onde se fusionan xéneros musicais para falar do mundo que nos rodea. 

No blog de música galega, O son das ondas,  que xestiona o EDL do centro pódese  escoitar a súa música. Aquí tes o enlace https://osondasondas.blogspot.com/search/label/Lydia%20Botana%20%28Bolboreta%29

 

Premio Narración Curta Concello de Curtis

O Concello de Curtis convoca  o XIV Premio de Narración. Este ano  preséntase como un reto literario:  unha narración con vacas, un tren e... zombis

BASES

Distribuir contido


by Dr. Radut