Skip to Content

Letras Galegas 2022

Esta é a programación do IES A Sangriña para as Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Podedes descargar o programa no documento adxunto.

VERSIONES DE MÍ QUE DESCONOZCO

Onte tivemos o privilexio de que unha antiga alumna do noso centro, Vanessa Rodríguez Álvarez, volvese a el para presentar o seu primeiro poemario, Versiones de mí que desconozco. A poesía de Vanessa é, nas súas palabras, “una poesía que no pesa”, no sentido de fresca e actual. O público, fascinado, formulou moitas e moi interesantes preguntas. Parabéns, Vanessa! E graciñas por visitarnos!

RETOMAMOS Á SAÍDA AO CINE

O pasado 9 de maio o alumnado de 3º de ESO do noso centro da Sangriña percorreu o casco antigo da cidade de Vigo e coñeceu da man de dous guías expertos as diferentes curiosidades e anécdotas relacionadas coa historia da cidade olívica. As súas rúas máis antigas e emblemáticas deixaron de ser un misterio para os nosos alumnos e alumnas grazas á visita “Misterios e lendas da cidade de Vigo”. Todo un descubrimento!

Logo deste itinerario cultural tiveron a experiencia, sempre tan agradable, de ir ao cine para ver Uncharted, película de acción e aventuras. E para rematar a xornada, unha comida entre amizades que tanto botábamos de menos tras a pandemia.

LETRAS GALEGAS 2022

No IES A Sangriña inauguramos a exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán para comezar a conmemoración das Letras Galegas 2022.

AS ALUMNAS DO I.E.S. A SANGRIÑA

Nas últimas datas, vimos de celebrar multitude de éxitos acadados polas nosas alumnas en diversas disciplinas. Non podemos deixar pasar a ocasión de felicitalas e, ao mesmo tempo, alardear dos seus logros.

As cadetes do Club de Remo Robaleira veñen de acadar o ouro nos campionatos de Galicia e de España, respectivamente. Mara Romeu resultou campioa galega de Atletismos en 150m, obtendo tamén un 2º posto en 500m e un 3º en 300m. Pola súa banda, Ángela Lomba clasificouse para o Campionato de España de “banco móbil”. Na disciplina de Danza obtiveron tamén gorentosos resultados. O grupo de danza “Attitude” un primeiro posto na disciplina de fusión no concurso nacional de danza “Anaprode”, onde o grupo de danza “Baixo Miño” fíxose con 5 primeiros postos e 7 segundos en varias disciplinas. Por último as nosas bailarinas de “Galicia en Danza” participaron na Dance World Cup Spain acadando varios ouros e clasificándose para o mundial que se celebrará en Donosti no mes de Xuño. Así mesmo, tanto “Galicia en Danza” como “Attitude” ganaron varios premios na recente edición de Vigoporté.

Moitos parabéns para todas! Sodes un exemplo de traballo e superación para toda a comunidade educativa!

INTERCAMBIO A GUARDA - AARHUS (DINAMARCA).

Preme na imaxe para ver o vídeo.

Entre o 24 de abril e o 1 de maio, dez alumnas e dous alumnos de 1° de Bacharelato participaron nun intercambio con “Aarhus Gymnasium” (Dinamarca). Nesa semana recibimos ao alumnado dinamarqués e na maioría das ocasións, xunto cos seus correspondentes, participaron das actividades previstas no noso centro para esa semana que foron moitas e moi diversas:

O luns 25 de abril, dirixido a 1°Bach A e B: Itinerario xeolóxico pola contorna da Guarda”, organizado polo departamento de Bioloxía e enmarcada no ámbito dos Contratos-programa (liña Inclúe ámbito da Educación para a Convivencia). 

O mércores 27 de abril, a rapazada de 1º de Bacharelato asistiu ao relatorio de Amelia Tiganus: “Conexións entre a violencia sexual, a pornografía e a prostitución: propostas éticas para vivir unha sexulidade saudable”. Esta charla foi organizada pola Comisión de Igualdade en colaboración co CIM da Guarda. 

Asistiron tamén a un obradoiro de Técnicas básicas de primeiros auxilios: cadena de supervivencia, RCP básica, uso do desfibrilador e actuación ante obstrucción de vía aérea, con Pepe Palacios, organizado no ámbito dos Contratos-programa (liña INNOVA: ámbito de Educación para a Saúde), dirixido a 1° curso de todos os Ciclos formativos. 

O xoves 28 de abril, alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato baixaron ata o río para participar no obradoiro “Prevención de afogamento en ríos, organizado de novo no ámbito dos Contratos-programa (liña INNOVA: ámbito de Educación para a Saúde), tamén con Pepe Palacios. 

Ademáis, este alumnado dinamarqués tamén participou na inmersión nalgunhas das clases do mércores, xoves e venres e puido gozar dunha visita a Santiago de Compostela o martes 26 de abril, así como unha andaina polos Muíños do Folón e do Picón, o venres 29 de abril. 

O bo tempo facilitou moitísimo o desenvolvemento de todo o previsto. 

Mención especial merece a colaboración das familias do alumnado participante, así como todo o profesorado implicado. Gustaríanos felicitalos e agradecer a súa magnífica disposición en todo momento.

Repetiremos!

Entrega de premios do Concurso de lettering Rosalía de Castro, IV Concurso de Ilustración e do Certame de poesía Tigres coma cabalos

Este é o vídeo do acto de entrega de premios do Concurso de lettering Rosalía de Castro, do IV Concurso de Ilustración e do Certame de poesía Tigres coma cabalos organizados pola Bibliotrega Magdalena Garabatos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Sangriña.

Parabéns ás gañadoras e a todos os participantes!

 

CONCRECIÓN CURRICULAR IES A SANGRIÑA E CRITERIOS CONCESIÓN MATRICULAS DE HONRA PARA ALUMNADO DE CUARTO DA ESO E SEGUNDO BACHARELATO

 O IES A Sangriña decidíu en senllas reunións plenarias do seu Claustro e Consello Escolar:

 

1. Establecer os criterios de concreción do disposto na Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

2. Establecer os criterios de concesión de Matrícula de Honra para o alumnado de cuarto de ESO e Segundo de Bacharelato 21-22.

 Acordos que se recollen nos seguintes documentos adxuntos:

A LUSOFONÍA VISTA DESDE A GUARDA

Participa no concurso de fotografia "A Lusofonia vista desde A Guarda" organizado pelo Departamento de Língua Portuguesa e o EDLG para comemorar o 5 de maio, Dia Mundial da Llínguap Portuguesa no IES A Sangriña. 

FCT ERASMUS+ IES A SANGRIÑA

Noelia, Iria, Lucía e Darío continúan coa súa estadía por Italia. Os alum@s están a realizar as súas prácticas en centros de traballo na cidade de Benevento.

Iria iniciou as súas prácticas no departamento administrativo-comercial da axencia de viaxes Rotolando. Darío en Mediaservice, unha empresa de informática que confiou plenamente nel, dadas as súas boas aptitudes e os seus coñecementos do idioma. Finalmente, Lucía e Noelia están no departamento de administración da Universidad do Sannio.

A primeira semana xa comezaron o seu curso de italiano, o cal foi facilitado pola Università del Sannio

 

Por outra banda, firmáronse acordos de colaboración e leváronse a cabo visitas en empresas e institucións de Campania (Italia). Entre elas, destacamos o Istituto Istruzione Superiore Giuseppe Alberti (Benevento), a Asociación de empresas Confindustria (Benevento), Albagamma (Benevento) e a propia Universidade de Nápoles Federico II (Nápoles). https://fb.watch/cnIHO-8fWB/

                                            

Distribuir contido


by Dr. Radut