Skip to Content

Prestige Nunca Máis!

No IES A Sangriña conmemoramos a catástrofe medioambiental provocada polo petroleiro Prestige en Galiza e o movemento Nunca Máis con este concurso de debuxo. PARTICIPA!!!

SEIS SEMANAS DAS NOSAS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO NO BERNARD PALISSY DE AGEN (NOUVELLE-AQUITAINE, FRANCIA)

As nosas alumnas María Lima e Uxía Cividanes están a vivir desde a pasada semana unha experiencia de mobilidade que lles permitirá impregnarse da cultura e da lingua francesas durante un período de seis semanas no centro Bernard Palissy de Agen (Nouvelle-Aquitaine, Francia).

Están convivindo con cadansúa correspondente e as respectivas familias, e asistindo a clase no mesmo instituto ca elas. As fins de semana están aproveitando para coñecer aspectos e lugares desta zona sur de Francia, con cidades próximas coma Burdeos ou Toulouse. Esperamos que gocen moito desta estadía e que no seguinte trimestre, coa acollida das súas correspondentes no noso centro, poidan continuar a mellorar a súa comunicación e fluidez en francés.

Aprendede moito, rapazas!

Jugger

Realizamos no IES dúas sesións desde 2° ESO ata 1° Bach, e unha con 1° ESO, de un novo deporte moi divertido chamado Jugger. Presentáronnolo o noso antigo alumno Carlos Vicente e o seu compañeiro Pablo.

Xornada de Rafting

O pasado 24 de outubro o alumnado de 3º de ESO viviu unha emocionante xornada de Rafting, na que participaron 40 alumnos e alumnas e 3 profes. Houbo moitísima sorte porque o tempo acompañou tras os temporais dos días previos. Como se pode ver nas fotos, gozaron coa experiencia.



INFORMACIÓN ÚTIL SOBRE O PROCESO ELECTORAL PARA A XIII RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA

  Achégase coa presente información útil sobre o proceso electoral dos/as representantes do Consello Escolar do IES A Sangriña na súa XIIIª Renovación que terá lugar neste mes de novembro.

  Animamos a todos os membros da comunidade escolar do IES A Sangriña a participar neste importantísimo proceso de renovación do órgano colexiado de goberno máis importante do noso centro.

 A Dirección

QUEN DIXO MEDO?

No IES A Sangriña celebramos o Samaín co noso II Certame de contos de misterio e terror. O concurso está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Bibliotrega Magdalena Garabatos. A participación está aberta a todos os alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e FP. 

Consulta as bases no arquivo adxunto.

Día das Bibliotecas

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, realizaremos un sorteo de tres libros de agasallo entre todas as peticións rexistradas na biblioteca ata o momento, que son máis de 200. Moita sorte!

PLAN DIXITAL DO IES A SANGRIÑA.

  En virtude do disposto na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia achégase coa presente o PLAN DIXITAL DO IES A SANGRIÑA onde o centro expón a súa organización e obxectivos acerca da implantación das TIC nos entornos de ensino e aprendizaxe.

XIIIª RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA. 2022

 
 Publicada a  Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, achegamos o calendario para a XIIIª Renovacion do Consello Escolar do IES A Sangriña que terá como obxectivo renovar os seguintes postos de representación no Consello Escolar do centro:
  • 5 representantes do profesorado.
  • 2 representantes do alumnado.
  • 2 representantes dos pais/nais.
  • 1 representante do PAS (persoal administración e servizos.
  • 1/2 representantes do Concello de A Guarda e de organizacións empresariais guardesas.

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (regulada na orde do 29 de abril de 2022)

Prezadas familias:

Os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros.

As familias poden recoller o vale de 25 euros na conserxería do centro a partir de hoxe mesmo.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022

Atentamente,

O equipo Directivo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut