A continuación, publicamos as datas de matrícula asignadas para cada un dos cursos de ESO e Bacharelato no noso centro. As matrículas realizaranse gradualmente en función das avaliacións que se vaian realizando durante a próxima semana e para que os trámites poidan facerse dunha maneira máis cómoda na secretaría do IES A Sangriña.
Igual que xa aconteceu coa prematrícula, a realización da matrícula responderá a unha modalidade mixta. A documentación cubrirase online a través dun formulario que posteriormentese entregará asinado no centro. Por se algunha familia non dispuxese do equipamento necesario para realizar a matrícula online, ou de conexión a Internet, haberá dous equipos informáticos ao seu dispor no hall do instituto.
O enlace para acceder aos formularios de matrícula dos diferentes cursos e etapas educativas estará dispoñíbel nesta mesma web a partir do luns día 24 de xuño ás 14:30.
O calendario para a entrega do formulario de matrícula no centro será o seguinte:
- Días 25 e 26 de xuño: 2º de Bacharelato.
- Días 27 e 28 de xuño: 1º e 2º de ESO.
- Días 1 e 2 de xullo: 3º e 4º de ESO.
- Días 3 e 4 de xullo: 1º de Bacharelato.
Horario de xuño: de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
Horario de xullo: de 9:00 a 14:00.