Skip to Content

Educación Física

Visitamos o Centro SAFIT

Safit A Sangriña

Os nosos alumnos visitaron o Centro SAFIT. Alí puideron probar diferente equipamento na sala de máquinas e aparatos de musculación e realizar actividades supervisados polo seu persoal especializado en pilates.

Safit é recoñecido por ofrecer un servizo de alta calidade e un compromiso coa saúde e o benestar dos seus clientes. O centro dispón dunha gran variedade de clases de Pilates pensadas para adaptarse ás necesidades de cada persoa, desde os iniciantes ata os niveis máis avanzados. Ademais, as súas instalacións están dotadas dos máis modernos equipos e contan con monitores altamente cualificados que orientan ao alumnado en cada sesión.

Para máis información podes consultar o seu Facebook aquí.

Visitamos o Centro Domajó

Centro Domajó  IES A Sangriña

Os nosos alumnos visitaron o Centro Domajó. Alí puideron gozar de distintas propostas de adestramento na sala de Fitness e do adestramento funcional coa versátil pelota de Fitball.

Domajó é un centro deportivo especializado en; pilates, ximnasia correctiva, rehabilitación, aeróbic, fisioterapia, psicoloxía, fitness e musculación.

Para máis información podes consultar o seu Facebook aquí.

Ocio e deporte para persoas con discapacidade intelectual

Special Olympics A Sangriña

Esta tarde, nunha conferencia organizada polo Departamento de Educación Física, tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo do voluntariado nas actividades de ocio e deporte para persoas con discapacidade intelectual. Da man de Special Olympics, o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de coñecer de primeira man esta entidade sen ánimo de lucro, o seu traballo e os seus obxectivos.

Special Olympics Galicia que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e de conseguir a súa inclusión social a través do deporte, o lecer e a cultura.

Para máis información sobre a organización podes consultar a súa web:   https://specialolympicsgalicia.org

Adestramos “tiro olímpico” en modalidade carabina e pistola

 Tiro Olímpico IES A SANGRIÑA

A pasada semana o adestrador autonómico de "tiro olímpico" Enrique Otero impartiu no noso centro unhas sesións das modalidades de carabina e pistola. Nelas, os rapaces e rapazas puideron coñecer a importancia da concentración e do control postural para o desenvolvemento deste tipo de prácticas deportivas. Ademais, a actividade centrouse en que o alumnado puidese aproximarse ao mundo das armas desde un punto de vista distinto ao da caza ou aos estereotipos que se transmiten no cine.

Moitas grazas Enrique pola túa amábel colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut