Skip to Content

Inglés

Apartado do departamento de Inglés

Bolsas Eurolingua para a realización de cursos de inglés en Irlanda

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán o 23 de xullo ou o 6 de agosto (pendente de revisión).
  • En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA

Ata as 23.59 horas do 19 de abril de 2023.

Para comprobar requisitos pica aquí.

Se non cumpres requisitos pica aquí.

LIBROS DE TEXTO

Prezadas familias:

Esta é a relación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-2023. Son moi importantes todas as observacións/anotacións que están debaixo da listaxe de libros para cada curso.

Para resolver calquera dúbida dirixídevos á Vicedirección do centro.

LEMBRADE QUE NO CURSO 2022-2023 ENTRA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN (LOMLOE) NOS CURSOS IMPARES: 1º E 3º ESO, E 1º BACHARELATO, E POLO TANTO CAMBIAN OS LIBROS DE TEXTO DESTES NIVEIS PARA ADAPTARSE AO NOVO CURRICULUM.

Atentamente,

A Dirección. 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DO CURSO 2021-2022

Dispoñibles nos adxuntos.

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES

Dispoñible no adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut