Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

Xornada de deseño e vinilado de vehículos.

O pasado día 2 de marzo realizouse na aula taller de automoción unha xornada de demostración de deseño e vinilado dun coche e mesmo dalgunha parede, a cargo da empresa Ginrotulacion de Pontecaldelas, á cal lle agradecemos a súa colaboración altruísta e profesional. No proceso deseñouse o novo logo do departamento de Automoción, ao mesmo tempo que se ensinaron as diferentes técnicas de extracción de vinilos usados e instalación duns novos.

Alumnado de Ciclos visita UNVI e OREMBEr

O alumnado dos ciclos de Automoción e de Administrativo realizou unha saída a Ourense o pasado 14 de decembro, para visitar a empresa UNVI (punteira a nivel internacional na fabricación de autobuses) e tamén a factoría de OREMBEr do grupo madereiro FINSA. A mediodia o alumnado e profesorado comeu na cidade de Ourense, e xa pola tarde tiveron a oportunidade de deleitarse no Complexo termal de Prexigueiro en Ribadavia. Desde os departamentos de automoción e administrativo queren agradecer a axuda na organización da viaxe, e sobre todo por sufragar o total do coste económico da viaxe ás responsables do proxecto eMprende neste centro, a través de Ayuda en acción, Ana e María.



LIBROS DE TEXTO

Prezadas familias:

Esta é a relación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-2023. Son moi importantes todas as observacións/anotacións que están debaixo da listaxe de libros para cada curso.

Para resolver calquera dúbida dirixídevos á Vicedirección do centro.

LEMBRADE QUE NO CURSO 2022-2023 ENTRA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN (LOMLOE) NOS CURSOS IMPARES: 1º E 3º ESO, E 1º BACHARELATO, E POLO TANTO CAMBIAN OS LIBROS DE TEXTO DESTES NIVEIS PARA ADAPTARSE AO NOVO CURRICULUM.

Atentamente,

A Dirección. 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DO CURSO 2021-2022

Dispoñibles nos adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut