Skip to Content

Secretaría

Calendario escolar do IES A Sangriña

CADRO DE PRAZAS VACANTES IES A SANGRIÑA CURSO 23-24

  Achégase pdf coas prazas vacantes do IES A Sangriña para o curso 2023-2024.

 

  A Dirección.

NOTA INFORMATIVA PROCESO DE RESERVA E DE SOLICITUDE DE MATRICULA. IES A SANGRIÑA. CURSO 2023-24

NOTA INFORMATIVA PROCESO DE RESERVA E DE SOLICITUDE DE MATRICULA.

 IES A SANGRIÑA. CURSO 2023-24

Ao abeiro do disposto no art. 5 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, infórmase.

  1. Aberto prazo reserva matrícula dende centros adscritos:  ata o 6 de febreiro.
  2. 22 de febreiro.   Exposición no centro da listaxe de alumnado provinte dos centros adscritos con reserva admitida.
  3. Do 1 ao 20 de marzo: proceso de admisión de matrícula.
  4. O 25 de abril estará publicada  no centro a listaxe provisional de alumnado admitido para matricula en ESO no IES A Sangriña curso 2023-24.
  5. O prazo de formalización da matrícula para o IES A Sangriña en cursos da ESO e de Bacharelato do curso 2023-24 será do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 O DIRECTOR

 

 

CALENDARIO DE RESERVA E ADMISIÓN, CURSO 2021/2022

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS:

  • CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE.
  • CEIP AS SOLANAS.
  • CEIP A SANGRIÑA.

PRAZO DE SOLICITUDES: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

LUGAR: A solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (nos colexios de primaria adscritos ao centro).

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE VEÑA DOUTRO CENTRO E NON SEXA DE CENTROS ADSCRITOS:

  • CPR PADRES SOMASCOS.
  • CPR SAN JOSÉ (HH CARMELITAS).
  • CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER.
  • OUTROS CENTROS.

PRAZO DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo.

LUGAR: A solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar. O alumnado matriculado neste centro ten garantida a súa permanencia, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado que foi modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e pola Orde do 18 de decembro de 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut