Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

ALUMNADO DE 1º DE ESO PERCORRE A CONTORNA

O pasado xoves 23 de febreiro o alumnado de 1º da ESO saíu a coñecer a súa vila e a súa contorna. Fixo paradas en edificios que contan a historia máis recente, coma o cemiterio da Guarda ou o Colexio dos Xesuítas e outras que lembran a nosa historia máis antiga coma as salinas romanas. Non faltou a camiñada polo senda litoral para coñecer a fauna e a flora que nos rodea. Finalizouse a visita cun xogo de pistas no Porto da Guarda no que o noso alumnado puxo en práctica todos os seus coñecementos sobre a vila.

VISITA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado martes día 7 de febreiro, alumnado do IES A SANGRIÑA realizou unha visita cultural a Santiago de Compostela. Participaron nesta viaxe estudantes de 1º de Bacharelato e aquel alumnado 2º da ESO que cursa a materia de teatro. Durante a mañá paseamos polas principais rúas da cidade vella, coñecendo algunha das particularidades das súas prazas e edificacións máis emblemáticas. Despois asistimos á representación da peza teatral "As Illas desertas", da compañía Artesacía, unha montaxe na que as novas tecnoloxías teñen un especial protagonismo, motivo polo que adoita ser do agrado dos e das adolescentes. Pola tarde visitamos o Museo do Pobo Galego, onde ademais das súas salas sobre cultura popular e arqueoloxía visitamos o Panteón de Galegos Ilustres.

LIBROS DE TEXTO

Prezadas familias:

Esta é a relación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-2023. Son moi importantes todas as observacións/anotacións que están debaixo da listaxe de libros para cada curso.

Para resolver calquera dúbida dirixídevos á Vicedirección do centro.

LEMBRADE QUE NO CURSO 2022-2023 ENTRA A NOVA LEI DE EDUCACIÓN (LOMLOE) NOS CURSOS IMPARES: 1º E 3º ESO, E 1º BACHARELATO, E POLO TANTO CAMBIAN OS LIBROS DE TEXTO DESTES NIVEIS PARA ADAPTARSE AO NOVO CURRICULUM.

Atentamente,

A Dirección. 

Letras Galegas 2022

Esta é a programación do IES A Sangriña para as Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Podedes descargar o programa no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut