Coa charla do pasado venres 16 de abril dáse por rematada a programación de charlas de divulgación científica e humanística no curso actual, organizadas desde o departamento de Orientación e departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Latín, e Grego, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago.
Todas elas tiveron unha grande acollida e satisfacción por parte do alumnado ao que ía dirixido dos cursos finais de etapa, polo que agardamos continuar a colaborar para o vindeiro curso coas tres universidades de Galicia, ampliando á Universidade da Coruña.
Desde aquí queremos agradecer ao profesorado universitario que se trasladase ata o noso IES para procurar que os relatorios se desenvolvesen de xeito presencial.