Skip to Content

Economía

Departamento de Economía

ANDREA VEIGA, PREMIO “IMAGINA TU EMPRESA” 2023 NA CATEGORÍA BACH

Un dos plans de empresa deseñados polo alumnado de Fundamentos de Administración e Xestión de 2º de Bacharelato foi o gañador na categoría BACH da terceira edición do concurso Imagina tu empresa. O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira, e a coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, Obra Social ABANCA, Carlota Sánchez Puga, entregaron os premios o pasado 16 de maio en Santiago de Compostela. Parabéns a todos os alumnos e alumnas polo seu traballo, en especial a Andrea Veiga, alumna premiada.

Charla da nosa exalumna Xulia Vicente Vaquero

O luns 15 de maio a nosa exalumna Xulia Vicente Vaquero impartiu unha interesante charla ao alumnado de Humanidades e Ciencias Sociais de 1º e 2º de Bacharelato, para axudalos na difícil elección de estudos superiores, ofrecerlles consellos moi útiles para o seu primeiro ano na universidade e explicarlles o que está a estudar na súa carreira de Publicidade e Relacións Públicas. Xulia regalounos, unha vez máis, a súa excelente capacidade de comunicación, o seu espírito emprendedor e o seu optimismo e valentía para afrontar e superar retos con éxito. Grazas Xulia, esperámoste o próximo curso.

VISITA E CHARLA A TERRAS GAUDA

A pasadas semanas o noso alumnado de Economía asistiu a distintas actividades como complemento aos contidos estudados nas aulas. Dentro do programa “Empresa familiar nas aulas”, desenvolvido desde a Asociación Galega da Empresa Familiar en colaboración con AFUNDACIÓN, o alumnado de 1º de Bacharelato de Economía e os alumnado de 4º da ESO de Economía e IAE, asistiron a charla impartida por Antón Fonseca, Vicepresidente do Grupo Terras Gauda, que nos falou da historia, liñas de negocio e retos aos que se enfronta, ademáis de amosarnos a importancia das empresas familiares na creación de emprego, riqueza e fixación de poboación no territorio.

A actividade completouse noutra xornada coa visita dos alumnos a bodega e os viñedos Terras Gauda, onde foron recibidos polo Vicepresidente do grupo empresarial e acompañados pola Coordinadora de Enoturismo.

Grazas a Terras Gauda por recibirnos un ano máis cos brazos abertos!

Alumnado de Economía visita o Banco de Alimentos de Vigo

O pasado 17 de marzo, o alumnado de Economía e Fundamentos de Administración e Xestión de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica ao Banco de Alimentos de Vigo, onde colaboraron en tarefas de clasificación e puideron coñecer cuestións relacionadas co labor loxístico do banco.

Distribuir contido


by Dr. Radut