Skip to Content

Consello escolar

24 NOVEMBRO. VOTACIÓN PARA ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA NA SÚA XII RENOVACIÓN.

O vindiero día 24 de novembro celebrarase a xornada de votacións para elixir aos/ás representantes do alumnado e dos pais/nais no Consello Escolar do centro na súa XIIª Renovación.

Os horarios de votación serán os seguintes:

1. Para alumnado:

  1.1. Mesa de votación para alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos: de 09:00 ás 13:10 h.

   1.2. Mesa de votación para alumnado de ESA e Bacharelato Adultos: de 17:00 a 19:00 h.

2. Para pais enais. Mesa de votación aberta de 18:30 a 20:00 h.

A Xunta Electoral do centro realizou onte o sorteo para nomear os membros das mesas electorais. As citacións que se farán chegar aos devanditos membros están xa sendo distribuídas.

Animamos á participación nesta importante xornada clave para a constitución do órgano colexiado de goberno de máximo rango no noso centro, participación pola que vos anticipamos o agradecemnto.

A Dirección.

XII RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR. APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Os censos electorais que regularán o dereito á participación do profesorado, alumnado, responsables legais e PAS nos procesos electivos para a XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña, logo de seren aprobados pola Xunta Electoral en reunión sostida o pasado 4 de novembro, atópanse dispoñibles para a súa consulta na Secretaría do centro.

Asemade, ábrese o termo para a presentación de candidaturas a para a representación dos distintos colectivos da comunidade escolar no CE do IES A Sangriña. O termo no que presentar as devanditas candidaturas será do 9 de novembro (a partires das 09:00 da mañá) ata o 16 de novembro (ás 13:00) na Secretaría do centro onde estarán dispoñibles os formularios a tal efecto.

Achégase coa presente o calendario da XIIª Renovación do C.E. do IES A Sangriña aprobado pola Xunta Electoral na devandita sesión do 4 de novembro onde se sitúan os días para a celebración das votacións para a elección das distintas persoas representates do Consello Escolar

A Dirección.

 

ABERTO O PROCESO DA XIIº RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA

A Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece o proceso para a XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña.

Achegamos coa presente información referida ao proceso, ademais do calendario xeral que organizará o procedemento de elección e constitución do noso Consello Escolar.

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno de maior representatividade da comunidade escolar polo que a participación, tanto na súa constitución como no seu desenvolvemento, é imprescindible para o funcionamento do centro. Desde aquí facemos un chamado á participación no proceso por parte de toda a comunidade escolar do IES A Sangriña.

A Dirección.

 

[ADIADO] XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña

Actualización: o procedemento foi adiado pola Consellería. Máis info: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32201

Durante o mes de novembro procederase á XIIª renovación total do Consello Escolar.

Nos adxuntos pódense consultar o calendario do procedemento e demais información complementaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut