Skip to Content

ABERTO O PROCESO DA XIIº RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA

A Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece o proceso para a XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña.

Achegamos coa presente información referida ao proceso, ademais do calendario xeral que organizará o procedemento de elección e constitución do noso Consello Escolar.

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno de maior representatividade da comunidade escolar polo que a participación, tanto na súa constitución como no seu desenvolvemento, é imprescindible para o funcionamento do centro. Desde aquí facemos un chamado á participación no proceso por parte de toda a comunidade escolar do IES A Sangriña.

A Dirección.

 
AdxuntoTamaño
Información útil sobre a XIIª Renovación do Consello Escolar IES A Sangriña 2021.pdf405.07 KB
Calendario XII Renovación CE IES A Sangriña 21.pdf409.26 KB


story | by Dr. Radut