Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Semana do libro. Homenaxe a Agustín Fernández Paz

23/04/2017 10:00
Etc/GMT+1

 

O día 23 de abril foi o Día do Libro. Nós quixemos dedicarlle a esta importante celebracióntoda unha semana, e foi a última semana do mes de abril a que escollemos no noso centro.
Por este motivo e co desexo de introducir a actividade de lectura continuada dun libro durante dúas horas de clase, quixemos facer unha homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis lidos en todos os centros de ensino do país, tristemente desaparecido no pasado verán.

Levamos a Biblioteca para o vestíbulo: nunha mesa dispuxemos os libros do autor que o noso alumnado le ano tras ano; colocamos arredor paneis con murais realizados por alumnas e alumnos de 1º ESO, e outros feitos desde a Biblioteca con información e imaxes sobre o autor e as súas obras. Logo, animamos ao alumnado de 1º ESO a ler alí e a escoitar, durante dúas horas continuadas, diversos relatos dos libros Contos por palabras e Rapazas.


“Todas as historias se tecen cos fíos da vida”

Contos do mundo

Contos do mundo é o título dun ilusionante proxecto levado a cabo este curso entre o CEIP e o IES A Sangriña e organizado polas respectivas Bibliotecas, do que vos levamos a falar estes últimos meses. Rapaces e rapazas do instituto convertéronse en contacontos e fixeron gozar ao alumnado do colexio, con relatos centrados en diversos países do mundo. Foi unha viaxe na que todos aprendemos, e que serviu para estreitar lazos entre estes centros irmáns.
Velaquí unha presentación que recolle os mellores momentos.

O día que Casares veu á Sangriña

17/05/2017 08:20
Etc/GMT+1

Retrato 

Eu estivera noutros acontecementos importantes. Por exemplo, lembro como berraba descontrolado, perdidos xa os nervios, un estudante no paraninfo de masónica decoración da universidade compostelá, e todo porque se retrasaba un acto no que Dámaso Alonso, xa velliño, mais moi afouto, ía falar e recitar. Daquela foi brutal o contraste entre a actitude reverencial, case relixiosa, que se respiraba no ateigado local e os berros desaforados daquel energúmeno pedindo que comezase xa o acto.

Tamén acudira, de estudante, a algunha das súas conferencias, máis ou menos formais, sobre cuestións literarias nalgún colexio maior. Por suposto, lera moitas das súas obras, mais, sobre todo, agasallábame todos os días co que case sempre era o mellor do xornal: a columna “Á marxe”.

Obviamente, lera algún artigo de conspicuos columnistas que se referían a el como a “cara amable del nacionalismo”.

Aquel día, pois, non debería temer o que pasase. É certo que non prepararamos nada, que fiabamos todo á proverbial locuacidade e dotes para a conversa do convidado e á espontaneidade dun alumnado, ao que, a verdade, non motivaramos alén de lles anunciar a súa presenza.

Traía certa présa e non viña só, acompañábao un poeta balcánico: croata, bosníaco, ...,non lembro. Sole, a profe de lingua, presentouno. Pouco falou este e axiña lle deu paso ao estranxeiro, a quen lle pediu que recitase.

Contos do mundo: México

07/04/2017 08:10
Etc/GMT+1

México foi o país ao que viaxamos na derradeira sesión de Contos do mundo.
O pasado venres, 7 de abril, cinco alumnos de 2º de ESO C, xunto coa profesora Marisa Guerra, desprazáronse á biblioteca do CEIP A Sangriña para relatar fascinantes historias sobre a descuberta do millo ao alumnado de 3º de Primaria.

Máis información en Bibliopepiño.

Distribuir contido


by Dr. Radut