Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Día de Rosalía (reportaxe)

24/03/2017 12:00
24/03/2017 14:00
Etc/GMT+1

Podemos ver a continuación algunhas das imaxes máis significativas do festival poético-musical celebrado o pasado día 24 de febreiro, no salón de actos, para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Durante a mañá, realizáronse dous pases para que todo o alumnado da ESO puidese gozar dunha moi sentida lectura dos máis coñecidos poemas da autora (“Adiós ríos, adiós fontes”; “Negra sombra”; “Unha vez tiven un cravo”; “A xustiza pola man”…), feita por varias alumnas e alumnos pertencentes e 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas lecturas recibiron acompañamento musical por parte do alumnado de Música de 1º Bacharelato. A continuación, Manuel Adrover, alumno de 4º ESO, interpretou unha fermosa danza en homenaxe á nosa poeta.
O peche do festival puxérono as profesoras Marisa Guerra e Nuria Vázquez achegando unha leda e animada lectura do poema “Vente rapasa, vente miniña.”

No vestíbulo do centro puidemos, tamén, gozar dunha exposición de traballos, feitos polo alumnado de Plástica, onde vimos a súa propia interpretación dos poemas de Rosalía.

Contos do mundo: Australia

21/02/2017 10:15
Etc/GMT+1
Na cuarta sesión de Contos do mundo, o país protagonista foi Australia. O noso alumnado de 1º de ESO B, acompañado da profesora de Lingua Galega, Menchu Costa, ambientou moi ben este lugar coas narracións que lle trasladou a cativas e cativos do último ano de Educación Infantil.
Podedes ver as imaxes nesta montaxe elaborada polo profsorado do CEIP.
Coma sempre, máis información en Biblio Pepiño

Día de Rosalía

24/02/2017 00:20
24/02/2017 21:30
Etc/GMT+1

 Rosalía de castro

O día 24 de febreiro celebramos o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Organizamos un festival poético musical no salón de actos do centro, con diferentes actuacións de alumnado de varios cursos, tanto de ESO, como de Bacharelato (lectura sentida de poemas, interpretacións musicais e de danza etc.). Participamos e colaboramos nesta importante celebración diferentes departamentos. Deste xeito, homenaxeamos, a través da lectura, a música e a danza, á nosa gran poeta.

En días previos e/ou posteriores levarase a cabo a Ruada Rosaliana, con intención de acudir, cos nosos lectores e lectoras de poemas de Rosalía, a distintos lugares da vila (concello, colexios, mercado...). Procuramos a continuidade desta actividade, xa iniciada en cursos anteriores, de gran aceptación na comunidade educativa.

Cousas, de Castelao

07/02/2017 11:00
07/02/2017 14:00
Etc/GMT+1

momento da representación

O alumnado de ESO e Bacharelato asistiu, o martes pasado, día 7 de febreiro, á representación teatral da adaptación da obra Cousas de Castelao por parte da compañía Os Quinquilláns Teatro. Arredor duns cento cincuenta alumnas e alumnos do centro, desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato, acompañados por todo o profesorado do Departamento de Lingua e Literatura Galega, gozaron ese día co espectáculo que a dita compañía ofreceu no Auditorio do Rosal.

A obra Cousas de Castelao é a base dun texto no que Lucho Penabade e Tero Rodríguez recollen os grandes temas abordados polo autor rianxeiro -desde o amor á morte pasando pola soidade, a emigración ou a xustiza social- ao tempo que dan forma a unha obra de teatro dentro do teatro. Penabade e Rodríguez dan vida nestas Cousas a Xosé e Teresa, dous actores que tamén se enfrontan ao reto de dar vida, á vez, aos relatos de Castelao.

Distribuir contido


by Dr. Radut