Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

Departamento de Lingua Galega e Literatura

"O esperanto hoxe. A súa utilidade".

17/12/2015 10:00
Etc/GMT+1

C

Hoxe o profesor Suso Moínhos impartiu no noso centro unha charla sobre o idioma esperanto: "O esperanto hoxe. A súa utilidade".

Foi unha interesante presentación sobre esta lingua, inventada no século XIX por Zamenhof, a partir das linguas romances e xermánicas. Suso Maínhos quixo amosarnos cómo se trata dunha lingua viva, non só aprendida senón tamén trasmitida de nais e pais a fillas e fillos, unha lingua coa súa comunidade de falantes distribuídos por todo o mundo, a súa literatura, as súas escolas, a súa Real Academia, programas de televisión, contos infantís etc.

Unha charla moi amena na que o profesor Suso Moínhos trasmitiu a súa paixón de esperantista.

Gis revido e danke, Suso Moínhos!

Conferencia de Pepe Carreiro

16/05/2014 10:15
Etc/GMT+1

Pepe Carreiro veu dar unha conferencia ao noso centro ao
alumnado de 1º e 2º de ESO o pasado venres 16 de maio de 2014. Veu presentar e asinar o seu libro Historia da Lingua Galega. Ademais, deu unha pequena charla sobre como constrúe os seus debuxos e como comezou a súa andanina no mundo da banda deseñada. 

Conferencia de Francisco Castro

28/04/2014 10:15
Etc/GMT+1
O pasado luns, 18 de abril de 2014, o noso alumnado de 4º de ESO tivo o pracer de asistir a unha conferencia do escritor Francisco Castro. Este encontro, que tivo lugar no salón de actos do instituto, centrábase na súa novela O corazón da branca neve, pero autor e alumnado aproveitaron para tratar moitos outros asuntos literarios.
 

CONFERENCIA: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

O LUNS, 16 DE ABRIL ÁS CATRO DA TARDE O ESCRITOR CARLOS CALLÓN FALARÁ DO SEU LIBRO COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS NO IES A SANGRIÑA

Carlos Callón Torres estudou filoloxía galega e portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora en diferentes medios de comunicación e publica numerosos artigos e ensaios de investigación literaria e sociolingüística. Podemos destacar pola súa importancia e alcance os seguintes libros:

* Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005).
* En castellano no hay problema (2010).
* Amigos e sodomitas (premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor volume de ensaio e investigación do ano 2011).
* Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano).

Distribuir contido


by Dr. Radut