Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE FIN CURSO IES A SANGRIÑA

  

 

INICIO VACACIONS

Mércores 22 xuño ás 12:00. hrs (hora de recollida do transporte escolar)

                          SESIÓNS DE AVALIACIÓN e NOTAS

                     As notas serán publicadas a través de ABALAR                                   ás 19:00 hras dos días das sesións de avaliación:

 

 

 

      Xoves 23 xuño

 

Extraordinaria  de 2ºBacharelato

Extraordinaria de 1º e 2º Bacharelato Adultos e ESA

4º ESO

1º  FPB, 1º EMV, 1º e 2º SMRE

 

 

       Luns 27 de xuño

 

 

 

Final de 1º ESO e Extra 1º BACH

1º e 2º curso de  CM e CS de Administración e Xestión. 2º FPB e 2º EMV

 

 

    Martes 28 de xuño

 

 

 

Final de 2º ESO

 

Final de 3º ESO

 

 

 

Consellos Orientadores

4º ESO: dispoñibles en conserxería a partir das 10:00 hrs do luns 27 de xuño

2º ESO: dispoñibles en conserxería a partir das 10:00 hras do mércores 29 de xuño

NON ESQUEZAS AS TÚAS LECTURAS!

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DA ANPA:

  • LUNS, 20 DE XUÑO: 17.00 - 20.30 (todos os cursos).
  • MARTES, 21 DE XUÑO: 17.00 - 20.30 (todos os cursos).
  • MÉRCORES, 22 DE XUÑO: 17.00 - 20.30 (todos os cursos) 

Lugar: vestíbulo do IES.

O SEGREDO, LENDO A CASTELAO PARA RADIOTREGA

Deixámosvos aquí o primeiro capítulo do podcast que en Radio Trega realizamos para celebrar o día de Castelao. Trátase da lectura de "O segredo", conto integrado na obra Retrincos. Esta actividade foi organizada polo EDLG do IES A Sangriña.

O RESTO DOS CAPÍTULOS PUBLICARANSE ATÉ FINAL DE CURSO NO YOUTUBE.

PRAZO DE MATRICULACIÓN CURSO 22-23 E CALENDARIO FIN DE CURSO IES A SANGRIÑA

   Achégase documento en pdf co calendario de fin de curso 21-22 do IES A Sangriña e cos Prazos de Matriculación do para o curso 22-23.

ASALTO LECTOR 2022

O asalto lector é unha actividade organizada pola Bibliotrega Magdalega Garabatos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa que o profesorado e o alumnado do IES A Sangriña celebramos o día do libro 2022.

Viaxe literaria a Madrid.

O alumnado de Literatura Universal viaxou a Madrid para coñecer de primeira man algúns dos escenarios culturais máis importantes das letras universais, acompañado das profesoras Isabel Rodríguez e Carme Pernas. Unha estancia breve pero moi ben aproveitada, como podedes comprobar no vídeo:

PRIMEIRO PREMIO PARA O NOSO ALUMNADO DE1º ESO "A" DO CONCURSO/PROGRAMA ¨CLASES SEN FUME

   Esta mesma mañá do día 7 de xuño celebróuse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios do concurso/programa Clases sen fume auspiciado polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e que ten como obxectivo incentivar hábitos de vida saudable e previr o consumo de tabaco entre os escolares de primeiro e segundo da ESO.

 Con máis de 2000 alumnos/as participantes de centros de toda Galicia, os nosos/as alumnos/as do 1º ESO "A" foron quen de acadar o Primeiro Premio pola súa actividade creativa desenvolta ao longo do presente curso dentro do devandito certame. Ao acto de entrega de premios asistiron representantes do primeiro A  acompañados pola súa titora Carme López.

 O premio consistirá en cinco días de estancia no Complexo Xuvenil Gandario (Bergondo, A Coruña) para todo o alumnado do noso 1º ESO "A".

Orgullosos/as de vós, campioas e campións!!!

                                           

BERTA DÁVILA NO CLUB DE LECTURA “NA RAIA”

  Este luns6 de xuño o Club de Lectura “Na raia” (3º e 4º de ESO) reuniuse na Bibliotrega para falar de Un elefante na sala de estar de Berta Dávila (Xerais), que foi Premio Jules Verne 2021. Tivemos a inmensa sorte de que a autora nos acompañase e nos falase do proceso creativo, da documentación e das ideas que quería plasmar e que, constatamos, conseguiu de longo.

  O punto de partida da novela é a morte por suicidio de Rosa, que acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia as persoas que formaron parte do seu círculo de relacións toman a palabra para relatar o primeiro ano de loito. Así, as distintas personaxes van relatando quen era Rosa, que papel xogou cada unha delas na súa vida, cales son as contradicións do dó, e de que maneira afronta cada quen a dor, a culpa e o estigma social.

   Pese ao que poida parecer, é unha novela que fala da supervivencia, do acompañamento e dos coidados. Pasamos un tempo fantástico descubrindo como a literatura nos fai empatizar cos personaxes e descubrir as luces e as sombras propias e alleas. Aprendimos moito de nós mesmas lendo o libro e compartindo con Berta.

  Ademais pedímoslle que nos recomendara libros para ler no verán e xa aproveitamos para buscalos na Biblioteca e poder ir empezando. Graciñas, Berta, por todo.

   Aínda faremos unha lectura máis este curso, pero quedamos emprazadas para o vindeiro.

   Bo verán lector a toda a comunidade educativa!

Distribuir contido


by Dr. Radut